Jose Sanmartin.O equipo de Goberno con un Alcalde que se pasa a democracia por onde lle ….. Contesta cunha amenaza a nosa moción sobre varias expropiacións que ronda uns cen mil euros mais intereses. Tamén informar que outra moción sobre a Teleasistencia, o goberno do estado retira a partida correspondente nos orzamentos e dinnos que a Deputación o vai asumir, algo que non é certo xa que van asumir organismos
Autor/a: Barro
O PP de Barro presenta unha moción para a construcción dun novo colexio público.
PP de Barro.José Antonio Landín, alcalde de Barro, e en nome do grupo municipal do PP,
presentou unha moción hoxe no pleno do Concello de Barro, na que insta á Xunta de Galicia á construcción dun novo colexio público.
O alcalde explicou no pleno de hoxe que esta proposta xa conta cos informes favorables da Inspección de Educación da Xefatura Territorial de Pontevedra da Xunta de Galicia.
Landín sinalou que agarda por a disposición da Administración Autonómica os terreos necesarios para que o novo centro conte con todos os servizos como pistas deportivas, etc.
Tamén indicou que se facilitarán os terreos coa mellor ubicación posible, como xa se fixo na construcción do actual IES de Barro.
Información do pleno de hoxe por Faustino Batallán
Faustino Batallán Cons. PP de BARRO
Traballo sobre a historia de Barosa feito por Adolfo Caamaño
“DESPAREJADOS” NO CENTRO SOCIAL DE BALIÑAS
Boletín de ofertas de emprego.Santiago
UNHA EMINENSIA NO DESPESE!!
Maña pleno extraordinario
BALIÑAS DE FESTA “SANTO ANDRÉ”
Cazan en Curro a un condutor ebrio e sen carné que circulou 15 Km en sentido contrario pola autovía do Salnés
A Garda Civil de Tráfico detivo na tarde do xoves a un home que circulou durante 15 quilómetros en sentido contrario
pola Autovía do Salnés. Trátase dun veciño de Pontevedra, de 60 anos, que tiña o carné de conducir retirado por sentenza xudicial e que no momento do seu arresto estaba baixo os efectos do alcohol.
A detención produciuse no quilómetro 1 da Autovía do Salnés, no término municipal de Barro, polo que o home prestou declaración durante a mañá de onte no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Caldas de Reis.
O xuíz ditaminou a súa posta en liberdade con cargos e o decomiso do coche co que cometeu os presuntos delitos contra a seguridade vial. O asunto segue agora a tramitación xudicial por vía ordinaria.
A Garda Civil recibiu o primeiro aviso de que había un coche circulando en sentido contrario pola Autovía do Salnés ás 18,30 horas do xoves. Nese momento o condutor circulaba en dirección a Pontevedra, pero pola plataforma correspondente ao sentido de Sanxenxo, e crese que entrou polo enlace de Meaño.
Os axentes do subsector de Tráfico de Pontevedra recibiron indicacións de que o vehículo infractor era un automóbil de alta gama, un Daimler Chrysler – 270 CDI, e mobilizáronse patrúllalas para intentar interceptar ao condutor.
Así o conseguiron cando o coche xa estaba chegando ao nó de Curro. Procedeuse entón á súa detención -era o único ocupante do vehículo-, e resultou ser un veciño de Pontevedra de 60 anos con iniciais B.V.G.
A escola infanti de Barro celebrou o día dos dereitos do neno
O día 20 de novembro celebrase o día dos dereitos do neno.Na escola fixemos un mural no que participaron as catro aulas.
Os afectados polas preferentes de toda a provincia protestan en Pontevedra
As distintas plataformas da provincia de afectados polas preferentes concentráronse onte na cidade. Do mesmo xeito que fixeron en Vigo hai uns días, os afectados percorreron algunhas das sucursais máis concorridas de Novagalicia Banco para reclamar o seu diñeiro. Con fortes berros e soadas pitadas, as distintas platafromas reuníronse na praza da Ferrería para manifestarse xuntas ata a Subdelegación do Goberno.
A concentración parcelaria de Perdecanai afecta a 517 hectáreas e reorganiza 6.350 leiras de Barro
A Consellería do Medio Rural e do Mar publicou onte no DOG a aprobación das
bases definitivas da concentración parcelaria Perdecanai-Barro II, no municipio de Barro.
Este proceso de reorganización da propiedade afecta a un total de 517 hectáreas e posibilitará a redistribución espacial dun total de 6.350 parcelas.
Estas pertencen a 878 propietarios, segundo os cómputos feitos públicos onte pola Consellería do Medio Rural, que engade que con esta aprobación “conclúen todos os trámites relativos á identificación dos propietarios das leiras, determinación exacta da superficie e clasificación dos terreos”.
Ata o momento, e sempre segundo os datos feitos públicos pola Xunta, investíronse preto de 370.000 euros para a preparación dos traballos de investigación da propiedade, o levantamiento dos planos parcelarios e a elaboración do estudo de impacto ambiental.
As bases definitivas expoñeranse ao público na Casa Consistorial de Barro “e nos lugares de costume”, engade a Consellería do Medio Rural, e as persoas interesadas en alegar dispoñerán dun prazo de 30 días para interpoñer recurso de alzada.
Este prazo de 30 días empezará a contar a partir do momento en que cada propietario reciba a comunicación personalizada. A partir dese momento poderá interpoñer ese recurso de alzada contra a parcelaria Perdecanai-Barro II ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.














