Unha muller de 53 anos de idade resultou ferida onte pola mañá logo de ser
arroiada por un turismo na PO-541 nas inmediaciones da gasolinera de Curro. O suceso produciuse sobre as 10.05 da mañá e a muller E.D.S. foi derivada por Urxencia Sanitarias ao Hospital de Montecelo. Aínda que presentaba policontusiones, o seu pronóstico era leve e foi dada de alta ás poucas horas.
Autor/a: Barro
ENTROIDO BARRO 2013
A escola infantil puxo fotos novas na súa páxina, míraas
Desfibriladores para o Concello
O Concello de Barro estará entre os concellos nos que se instalarán desfibriladores, que
conxuntamente coa Deputación de Pontevedra, forman parte dun plan provincial de apoio ao deporte que axudará a paliar riscos cardiovasculares e respiratorios ás persoas que o practican. Noraboa ao Concello pola iniciativa que tamén supón un desembolso económico nestes tempos complexos.
O BNG chama á sociedade a encher as rúas de Compostela o domingo en defensa do galego
O domingo @s comapañeir@s do BNG de Barro estaremos en Compostela
manifestándonos contra as políticas de Feijóo e Wert. Estamos fart@s de que queiran acabar co ben máis preciado que temos. Pretenden acabar coa lingua porque é o noso signo de identidade, mais non o conseguirán porque unido “o povo é quem máis ordena”.
Se queres vir connosco ponte en contacto por mensaxe privada.
https://www.facebook.com/bng.debarro
Non fiques na casa, maniféstate!
Landín desembarca en Facebook
usar as redes sociais. Dio un estudo sobre o uso as ferramentas de comunicación na Rede que se publicou este mesmo mes de xaneiro. Pois sobre isto debeu reflexionar o alcalde de Barro, José Antonio Landín Eirín, que acaba de desembarcar en Facebook, aínda que sexa a través dunha conta institucional. O que di no perfil é aquilo de que primou nesta decisión «ou afán de manter a proximidade con todos vós (vós son os veciños)» e ao mesmo tempo adaptarse ao uso das novas tecnoloxías. En definitiva, os habitantes de Barro teñen un novo medio polo que dirixirse ao alcalde, dous en realidade, dado que tamén abriu unha conta de correo electrónico para que os veciños envíen suxestións, peticións, queixas (o de queixas, é da miña colleita e sen afán de animar a ninguén nisto último, que conste). Tomen nota si son do municipio, concellodebarro@gmail.com. Iso si, con respecto a Facebook advírtolles que
Landín deixa claro que só se aceptarán as peticións de amizades de persoas físicas debidamente identificadas «para garantir a seriedade deste novo medio que poñemos ó voso dispor isto é, para que a cousa non acabe en desmadre. E falando de alcaldes, ao de Vilagarcía, Tomás Fole, botáronlle de menos o mércores na manifestación dos traballadores da conservera Cuca. Ai, alcalde… Iso si, tamén hai que dicir que estes días andaba preocupado pola operación dun oído á que someteron ao seu fillo. A cousa foi ben e o papá respirou aliviado, do que nos alegramos, todo sexa dito de paso.MANTENTE NO TEU POSTO
E PARA REMATAR A COSTA DE XANEIRO, A DEPUTACION E O CONCELLO INFORMAN:
A NETA DA “PIOLLA”
QUERO DEIXAR CLARA A MIÑA POSTURA…
«Estamos moi satisfeitos coa medalla de ouro para Moraima»
Roberto Rivas é un dos membros do consello reitor e cooperativista de
Moraima, un dos viños máis novos no panorama da D. O Rías Baixas que recentemente acadou a medalla de ouro no certame internacional na Catavinum World Wine & Spirits Competition 201 e unha de prata coa súa segunda marca.
Cal é a sensación con esta dobre medalla?
Moi boa. Os cooperativistas estamos moi satisfeitos e contentos con este resultado nunha das primeiras veces que competimos. De feito, é a primeira na que levamos a nosa segunda marca Aba de Tasumia.
Fixérono coa colleita de 2011, pero levan varios anos xa no mercado. Por que en 2012?
Foi un cambio na política da empresa. Antes tiñamos por norma non presentarnos a concursos, pero agora estamos probando a facelo, con bo resultado, polo que se ve.
Foi un éxito difícil?
Non sabería dicilo. Compiten moitos viños de todo o mundo, cóntanse por centos, pero o certo é que cando saes a escea con un albariño levas certa vantaxe, porque estes viños son un cañón. Para nós é un honor e unha sorte, sobre todo por poder complementar o ouro de Moraima con unha prata para a nova marca.
O Pitiño Pío (El Pollito Pío Versión Gallega)
LANDIN+FACEBOOK=¡….!
D. José Antonio Landín Eirín pon en coñecemento de tódol@s veciñ@s do
Concello de Barro que este Organismo no seu afán de manter a proximidade con todos vós e o mesmo tempo adaptarse ó uso das novas tecnoloxías pon o voso servizo unha nova canle de información sobre o que acontece no noso municipio.
Deste xeito dámosvos a venvida ó Facebook, e aproveitamos a ocasión para facervos coñecedores de que tendes a vosa disposición unha nova conta de correo (concellodebarro@gmail.com) a través da que podedes transmitir as vosas inquedanzas para que entre todos fagamos de Barro un lugar mellor para vivir.
Decirvos tamén que soamente se aceptarán as peticións de amizade de aqueles
perfís que correspondan a persoas físicas, e nos cales a información que se aportan non dea lugar a dúbidas. Todo elo faise para garantir a seriedade deste novo medio que poñemos ó voso dispor.
Aproveito a ocasión para agradecervos de antemán as vosas suxerencias, co meu máis sinxelo compromiso de analizalas, unha por unha, e actuar na medida das miñas competencias no que nos sexa posible.













