Rouco Varela, nas quinielas para o novo papado

O presidente da Conferencia Episcopal Española e cardeal arzobispo de Madrid, Antonio María Rouco Varela, é un do que soa con máis forza para converterse en sucesor de Benedicto XVI.

Quen o ía a dicir, moitos de nós fixemos a confirmación con este señor.
Na foto podémolo ver na Igrexa da Portela con DºManuel.

img385
rouco

AC Amigos da Fervenza da Barosa organiza o 23-F unha xornada de fusión entre a cervexa artesán de Barro, Saramagal , e o local Barosa Gastro

A  Asociación Cultural “Amigos da Fervenza da Barosa” organiza o 23-F unha BAROSA SARAMAGALxornada de fusión entre a cervexa artesán de Barro, Saramagal , e o local Barosa Gastro, situado no Parque da Natureza Ría de Barosa.

Fusión de Cervexa Artesanal+Gastronomía+Natureza en Barosa Gastronatural, acompañado dunha visita previa á fábrica de Saramagal que está na parroquia de Agudelo (Barro) para coñecer o proceso de elaboración dunha cervexa artesanal que ten unha característica especial na súa elaboración como é a “burbuxa do champán”.

Esta é unha das actividades que Amigos da Fervenza programou para este primeiro semestre do 2013 coa intención de dinamizar o turismo, e a gastronomía local, eixo fundamental que promove esta asociación. A unión de duas empresas cun gran potencial como Barosa Gastro, situado nun entorno natural envidiable e cunha cociña tradicional que conxuga toques contemporáneos e Saramagal Cervexa Artesanal elaborada no noso concello é unha fórmula que terá un éxito asegurado tanto pola calidade como pola implicación das dúas entidades.

A inscripción na xornada ten un custe de 6€ por persoa e inclue o seguinte:

PROGRAMA:

18.00. Punto de Encontro. Praza Pública, Concello de Barro.

18.30. Visita á fábrica de Saramagal. “Como se elabora unha cervexa artesán”.

19.30. Fin da visita a Saramagal. Saida hacia Barosa Gastronatural.

19.45. Degustación das cervexas de Saramagal en Barosa Gastronatural.

– Desgustación de Saramagal Stipe cunha tapa de Alas de polo con pataca panadeira,almendoa doce e refogado de cervexa Saramagal.

– Desgustación de Saramagal Inmaculate cunha tapa de Coello con salsa agridoce e cervexa Saramagal con Pan de cervexa.

21.30. Fin da xornada.

22.00. Opcional. Cea-Degustación en Barosa Gastro.

Rematada a xornada, as persoas que desexen quedarse a disfrutar da espectacular Fervenza, da Muiñada e da cociña de Barosa Gastronatural poderán facelo a partires das 22:00 horas nunha cea (baixo reserva e prazas limitadas e a prezo especial) cos seguintes menús a escoller.

1.- Entrante + Pavo o forno de pedra con almendoa, noz e pimenta branca con guarnicion á cervexa Saramagal+ postre + Pan de cervexa Saramagal +  2 cervexas Saramagal por persona.  

17€ precio/persoa. 

————————-

2.- Entrante + Branquita de porco celta rechea de febras, albahaca, tomillo, menta e guarnicion á cervexa Saramagal+ postre + Pan de cervexa Saramagal +  2 cervexas Saramagal por persona.  

12€ precio/persoa.

  Para calquera das dúas actividades o peche das reservas debe facerse o venres 22 antes das 14 horas, ben a través do facebook, twitter ou teléfonos aquí facilitados:

AC FERVENZA DA BAROSA:

Facebook: https://www.facebook.com/acfervenza

Twitter: @FervenzaBarosa

Teléfono: 668.878.958

Teléfono: 668.853.863

Mail: fervenzadabarosa@gmail.com

BAROSA GASTRONATURAL:

Facebook: https://www.facebook.com/BarosaGastronatural

Twitter: @BarosaGastro

Teléfono: 986 09 08 80

Mail: info@barosa.es

SARAMAGAL

Facebook: https://www.facebook.com/saramagal.cerveza.artesanal

Twitter: @SaramagalBeer

Mail: info@saramagal.es

(A foto corresponde co Coello con salsa agridoce e cervexa Saramagal con Pan de cervexa.)

COELLO

Un aparatoso accidente deixa un ferido en Curro

Un camión de grandes dimensións que circulaba en sentido a Pontevedra polala voz PO-531 á altura de Barro encaixouse contra o muro do arcen por causas que se descoñecen. No accidente   resulto ferido un home de 81 anos de idade, que foi trasladado ao Hospital Domínguez. Ao lugar dos feitos acudiu a Garda Civil e Protección Civil.

VIDEO

video curro

Boletín semanal de emprego nº 124.Ponteemprego

emprego logo

 

 

PONTEEMPREGO

1º EXPOSICIÓN DE CUADROS REALIZADOS CON CERVEZA

SARAMAGAL

NON SEÑOR, SON CURRÍCULUMS

curriculums

A xestión única encarecería a taxa do lixo en 29 concellos

la voz

O plan provincial para consorciar a xestión do tratamento de residuos pode saír caro aos veciños dunha trintena dedeputacion municipios. Concretamente 29 dos municipios que son potenciais usuarios -todos os da provincia excepto, en principio, Vigo e Pontevedra– cobran actualmente unha taxa inferior a 60 euros anuais, que é o prezo que fixará o consorcio. O que ten a taxa máis baixa actualmente é Arbo, que cobra polo servizo 15 euros anuais.

Hai outros 26 municipios que, pola contra, terían que rebaixar o que cobran actualmente aos seus veciños, xa que a taxa supera eses 60 euros ao ano. Poio, con 108,56 euros anuais, é o que ten a taxa máis cara.

E hai catro máis Barro, A Lama, Forcarei e Salcedo- que axustaron recentemente as súas respectivas taxas ao prezo que contempla a Deputación, 60 euros ao ano.

Moratoria ata o 2016

En calquera caso os municipios que se adhiran aomesmo t endrán unha moratoria para axustar as súas taxas ao prezo fixado. Concretamente, ata o ano 2016. A intención da Deputación Provincial é implantar o sistema de xestión conxunta de recollida de residuos este mesmo ano. Concretamente, antes do mes de xullo. Son ao redor de 30 os municipios que participarán nun primeiro momento no consorcio provincial de lixos.

Ademais, hai que sinalar que o sistema aprobado contempla que sexan os propios Concellos os que fagan de avalistas da recadación prevista. É dicir, que se fará unha cálculo previo que o que terá que achegar cada municipio -en función do número de usuarios do sistema, é dicir, de vivendas-, e no caso de que haxa morosidade terá que ser o propio Concello afectado o que pague a parte correspondente. Polo tanto, se o consorcio non recada o previsto en cada municipio, será a Administración local a que responda achegando a parte que falta. Iso si, cada municipio terá liberdade para establecer a periodicidade do cobro, podendo dividir eses 60 euros en 12, 6, 4 ou 2 pagamentos.

Por outra banda, moitos dos municipios da provincia manteñen un dobre cobro: unha tarifa para os núcleos urbanos e outra, xeralmente máis baixa, para as vivendas rurais. Esta dobre rapadoira, en principio, desaparecerá coa xestión única. A armonización de taxas entre municipios -agora con diferenzas de ata 93 euros entre o que máis cobra e o que menos ( Poio e Arbo)- podería tamén afectar aos recibos urbanos e rurais.

Os Concellos farán de avalistas: responderán polos seus veciños morosos

O PP SUBE OS IMPOSTOS EN BARRO SEN NINGÚN ESTUDO ECONÓMICO

http://noticiasbarro.com/2011/11/16/o-pp-sube-os-impostos-en-barro-sen-ningun-estudo-economico/

Santi Barreiro e Alicia Romero acadan o 2º premio en Latinos e ascenden a Categoría Nacional no trofeo nacional de Valencia

troula

Boletín de ofertas de emprego nº202

emprego logo

emprego

Suma e segue,O paro sobe un 0.22 % en Barro durante xaneiro.458 parados

paro1

paro2

Fusión:Cervexa artesanal+Gastronomía+Natureza

AC Fervenza da Barosa
Recordámosvos que esta degustación será con preinscripción e de prazas limitadas. As persoas interesadas en asistir, poden enviarnos unha mensaxe privada ao facebook. De tódalas maneiras luns/martes agardamos dar tódolos detalles

saramagal

A AGUIRRE! MIMADRIÑA

aguirre

D.E.P. Dª LOLA

dep

Concello de Barro.Anuncio de licitación

bando 1

Copia de bando 1

EU QUERO PAN DE MILLO

PAN DE MILLO