MOCION E CHARLA-COLOQUIO DOS SOCIALISTAS DE BARRO

Presentamos esta moción ao pleno do concello de Barro.socialistas de barro
Tamén informamos do acto público que terá lugar o vindeiro xoves 23 as 20.30 no auditorio de Caldas de Reis.  Charla coloquio sobre a reforma da lei do aborto. Participan:
Belén Louzao
Secretaria provincial de iguadade do PSdG-PSOE.
  Carmen Acuña, deputada autonómica e portavoz do PSdG no parlamento galego nas areas de Sanidade e igualdade.
Laura Seara, deputada no congreso e ex secretaria de Estado de Igualdade.
por último a participación de Diana López,  veciña de Barro e unha blogueira de éxito,  que ademais é periodista.Escribeu no seu blog un artigo que dou a volta o pais, titulado “mi coño”.
Este acto organizado polo PSdG-PSOE comarcal aberto a toda cidadania. Participa.

BARRO, a   16 Xaneiro  2014.

 MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DO CONCELLO DE BARRO CON MOTIVO DO ANTEPROXECTO DE LEI ORGÁNICA POLO QUE O GOBERNO DE ESPAÑA PRETENDE REVISAR A LEXISLACIÓN VIXENTE EN ESPAÑA SOBRE SAÚDE SEXUAL E REPRODUTIVA E INTERRUPCIÓN VOLUNTARIA DO EMBARAZO

De acordo e ao amparo do previsto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, o Grupo Municipal Socialista do Concello de BARRO desexa someter á consideración do Pleno Municipal a seguinte MOCIÓN ca seguinte:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A Lei Orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, recolle a garantía dos dereitos fundamentais no ámbito da saúde sexual e reprodutiva, regula as condicións da interrupción voluntaria do embarazo e establece as correspondentes obrigacións dos poderes públicos.

No seu texto, declárase o dereito de todas as persoas a adoptar libremente decisións que afectan á súa vida sexual e reprodutiva, sen máis límites que os derivados do respecto aos dereitos das demais persoas e á orde pública garantido pola Constitución e as Leis, e recoñécese o dereito á maternidade libremente decidido o que implica non só recoñecer ás mulleres a capacidade de decisión sobre o seu embarazo, senón tamén que esa decisión, consciente e responsable, sexa respectada.

A Lei, que veu substituír a unha regulación que vinte e cinco anos atrás supuxera un avance na protección das mulleres, foi elaborada, debatida e aprobada desde o consenso coa gran maioría dos grupos políticos con representación parlamentaria, tras o traballo en sede parlamentaria dunha Subcomisión na Comisión de Igualdade na que se contou coa participación dunha trintena de expertos e considerando as recomendacións de expertos xuristas e profesionais da bioética e a sanidade. Ademais, reforzou a seguridade xurídica na regulación da interrupción voluntaria do embarazo e incorporou a xurisprudencia do Tribunal Constitucional e do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos así como distintos pronunciamentos, en forma de conclusións e recomendacións, do Consello de Estado e organismos internacionais de Nacións Unidas, da Organización Mundial da Saúde, do Consello de Europa e da Unión Europea.

O Goberno anunciou unha revisión desta lexislación que representaría un extraordinario retroceso normativo, social e ideolóxico e volvería situar ás mulleres españolas na clandestinidade, suprimindo o seu dereito a decidir responsable, consciente e libremente sobre a súa sexualidade e maternidade, e afectando á súa seguridade xurídica e á dos profesionais do noso sistema de saúde, así como á garantía no acceso ás correspondentes prestacións sanitarias.

Neste sentido, o 20 de decembro de 2013 presentouse no Consello de Ministros un Anteproxecto de Lei Orgánica cuxo contido confirmou, e tristemente superou, as peores conxecturas acerca dos seus desastrosos efectos sobre a liberdade e os dereitos das mulleres.

Co Anteproxecto aprobado polo Goberno suprímese o dereito das mulleres a interromper o seu embarazo no primeiras catorce semanas, considerándose como delito despenalizado só nos supostos de violación e “grave perigo para a vida ou a saúde” da muller, privando a esta do seu dereito a decidir sobre a súa maternidade. Suprímese tamén, por tanto, o suposto de malformacións ou anomalías fetais incompatibles coa vida, que tiña xustificado a interrupción do embarazo dende os anos oitenta do século pasado.

Esta norma non só suporá un grave retroceso de máis de trinta anos para a lexislación española neste ámbito, e o incumprimento de compromisos internacionais en materia de dereitos sexuais e reprodutivos e de liberdade das mulleres a decidir sobre a súa maternidade, senón que situaría a España como unha excepción en toda Europa, onde nos últimos anos ningún país lexislara cara atrás nesta materia, mentres que as mulleres españolas sufrirán ese retroceso despois de contar cunha das lexislacións máis avanzadas, máis seguras, con maiores efectos na prevención de embarazos non desexados e que conseguira reducir o número de abortos no último ano.

Esta normativa provocou un enorme rexeitamento social da cidadanía española e europea, das organizacións sociais, profesionais e feministas, e ademais motivou a aparición de declaracións de membros do seu propio partido, incluídas as dalgunhas mulleres que ocupan cargos públicos, discrepando do seu contido, e a crítica de dirixentes e medios de comunicación no estranxeiro, onde só cultivou a felicitación de formacións políticas de extrema dereita doutros países.

Por estas razóns, o  Concello de BARRO aproba o seguinte acordo:

O Concello de BARRO  insta o Goberno de España a retirar inmediatamente e non continuar a tramitación do Anteproxecto de Lei Orgánica polo que pretende revisar a lexislación vixente en España sobre saúde sexual e reprodutiva e interrupción voluntaria do embarazo.”

Aprobada esta moción darase traslado da mesma ós grupos políticos presentes no Congreso dos Deputados.

JOSE SANMARTIN  SOTO

Voceiro / a do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE

aborto

Asamblea da Asociación de Emigrantes Retornados Ulla Umia

O vindeiro martes ás 20 horas terá lugar no auditorio de Caldas de Reis unha Asamblea da Asociación de Emigrantes Retornados Ulla Umia. Nela informaráselle aos socios (neste momento somos sobre 50 socios) tanto das actividades realizadas ata o de agora como as que se pretenden realizar. Ademais informarase da reunión mantida o pasado venres día 10 na Xunta de Galicia coa conselleira de Facenda e co Director da Axencia Tributaria de Galicia.cartel AERU asamblea

CURSO CARRETILLEIRO

  •  O vindeiro 25 de xaneiro vamos impartir outro CURSO CARRETILLEIRO; ésta vez na zona de BARRO-CALDAS-MORAÑA, aínda que como é normal, tamén poderán inscribirse persoas de Vilagarcía, Portas ou Concellos limítrofes. Son 10 horas de duración teórica-práctica e os presos varian en función de se a persoa é traballad@res en activo ou desempregad@s. Constaría de dous módulos, un de teoría e outro de prácticas. Temos prezos especiais para os traballadores en situación de desemprego, aínda que o curso tamén está destinado a traballadores en activo. Agradecería lle dérades máxima difusión nas zonas que pertenzan aos Concellos anteriores e que sexan do ámbito desas zonas. Para calquera aclaración ao respecto, prégovos mo indiquedes. Moitas grazas pola vosa colaboración. Recibide de antemán o noso agradecemento. Atentamente. Unha aperta. Asesoría e Formación XESINTEC – Xestións Integraís Tecnicas – c/ Castelao, nº 177-bjo 36980 – O Grove (Pontevedra) telf.- 630.12.85.17 – 986.73.27.28 mail.- xesintec@hotmail.com. 
  • carretillero

MOCIÓN referente á reforma da Lei do aborto

barro-Moción reforma lei do aborto_Página_1

barro-Moción reforma lei do aborto_Página_2

Palabras desordenadas

Sgeun etsduios raleziaods por una Uivenrsdiad Ignlsea,no ipmotra el odren en el que palabraslas ltears etsen ecsritas,la uicna csoa ipormtnate es que la pmrirea y la utlima ltera esetn ecsritas en la psiocion cocrreta. El retso peuden etsar ttaolmntee mal y aun pordas lerelo sin pobrleams, pquore no lemeos cada ltera en si msima snio cdaa paalbra en un contxetso.

Presnoamelnte, esto me preace icrneilbe!

La mrade que lo pairo! Tnatos aoñs de colgeio a la mrieda!

 

MEDIO RURAL APORTA 408 EUROS EN FROITA FRESCA PARA ALUMNOS DO IES de BARRO

A ESCOLA INFANTIL DE BARRO EO CEIP AMOR RUIBAL NON RECIBEN AXUDAS
O Diario Oficial de Galicia fixo público o listado de centros de Educación beneficiados dasTOURIS LANDIN axudas da Consellería de Medio Rural e do Mar para a distribución de froita fresca ao alumnado da provincia.
 O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, recordou que o goberno galego pretende con esta iniciativa “crear o gusto polo sabor das froitas frescas entre o alumnado, xerando así hábitos saudables entre os máis xoves”.
As froitas que se van primar no reparto entre os alumnos serán as autóctonas, como kiwis ou mazás, “o que, a maiores, permite favorecer a compra de produtos propios da nosa comunidade”.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140115/AnuncioG1534-271213-0001_gl.html

COLEXIO DE BARRO

 

ELECCIÓNS Á NOVA XUNTA DIRECTIVA DA COMUNIDADE DE MONTES DA PORTELA

NOVAS DE BARRO

COMUNIDADE DE MONTES EN MAN COMÚN DA PARROQUIA DE PORTELA

CONVOCATORIA ASAMBLEA

JUNTA GESTORA DNI

CANDIDATURA DOC.1

CANDIDATURA DOC.2

 

 

BARRO C.F vs Atlco. Faxilde

barro c f

O 27% dos fogares de Caldas-O Salnés xa sobreviven só coas prestacións

A perda de postos de emprego é unha clara evidencia en rúas que ven como pechan comercios e en polígonos industriais que tenden á desertización. Pero o tempo pasa e a crise económica parece que non ten fin, pero as prestacións si teñen unha data límite. Se recentemente UGT indicaba que só en Vilagarcía máis de 400 familias non ingresan xa nin un só euro ao mes, os últimos informes feitos públicos polo Instituto Galego de Estatística revelan que o 27% das familias da área de Caldas-O Salnés sobreviven só de prestacións.
Esta porcentaxe é de por si causa de preocupación, posto que os sindicatos alertan de que se tardarán décadas en recuperar a cantidade de postos
de traballo perdidos nos últimos anos. Pero se a situación é desesperada para
esas persoas que ven como pasa o tempo e chega o fin das súas prestacións sen encontrar traballo, non está mellor o 31% dos fogares que concentran neste recurso máis do 75% dos seus ingresos. Ademais, as prestacións son a metade do diñeiro que entra ao mes no 42% das unidades familiares das dúas
bisbarras.
Outro dos datos que mostra as circunstancias que están a atravesar
numerosas familias da zona e que recollen os informes do IGE é que o 59% dos fogares teñen algunha ou moita dificultade para chegar a final de mes. Non obstante, a este respecto hai que sinalar que se se comparan os rexistros correspondentes aos anos 2011 e 2012 se comproba unha pequena recuperación. E é que no primeiro destes exercicios a porcentaxe de unidades familiares que chegaba con moita dificultade se situaba no 23,6, mentres que un ano despois a cifra descendeu ata o 17%.

En todo caso, do informe do IGE tamén se desprende un incrento do índice de pobreza nos últimos cinco anos. O aumento foi do 7%, tendo en conta que no ano 2011 se situaba no 15,5%, mentres que en 2012 se elevou ao 22,8.
E é que os ingresos medios por fogar se reduciu nos últimos anos. Esta baixada foi de media duns 300 euros ao mes, unha cantidade considerable ao termo do ano. As consecuencias máis claras están nas dificultades para afrontar os pagamentos e chegar co fin de mes, pero tamén repercuten noutros sectores, como na hostalaría e no comercio. A contención de gasto nos fogares de Caldas- O Salnés leva a unha baixada de ingresos neste tipo de sectores.

feijo paro

feijoo2

PRESTACIÓN DO SERVICIO DO MERCADO MUNICIPAL DE BARRO

MERCADO BARROhttp://www.bop.depo.es/bop.PONTEVEDRA/2013/bop.PONTEVEDRA.20131223.245.pdf

Boletin PONTEemprego nº 160 de data 15/01/2014

emprego logo

http://www.proxectoiles.eu/PONTEemprego/Boletin/160.-%20PONTEemprego%20160%20de%20data%2015-01-2014.pdf

PONTEEMPREGO

A variante de Rebón expropiará 68 terreos, viñas e peches

diario pontevedra

A construción da variante da estrada provincial EP-0503 Mane-Rebón supoñerádiputacion a expropiación de 68 parcelas, incluíndo varias viñas e peches, segundo publicou o BOP o pasado luns.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra celebrado o pasado 27 de decembro aprobou inicialmente o proxecto, que afecta concretamente á parroquia de Rebón, e que conta cun presuposto de 650.369,97 euros, ao
que haberá que sumar os fondos para pagar as expropiacións.

Así mesmo, acordou solicitar á Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución das obras, cuxo
obxectivo é «a construción dunha variante dá dita estrada non lugar de Rebón,
xa que ou actual trazado é moi sinuoso, contando con 31 aliñacións non tramo de 1,28 quilómetros, obxecto do proxecto,».
Deste modo, grazas a esta circunvalación, a Deputación prevé mellorar a seguridade vial.

A relación de propietarios inclúe veciños de Barro, Moraña e doutras localidades. Entre as parcelas afectadas figuran algunhas de apenas un metro cadrado ata outras de case 1.300 metros. A de maior superficie é unha de 1.805 metros propiedade do Arcebispado de Santiago. Nalgúns casos tamén se expropian tramos de viña e peches de malla.

O proxecto e o expediente están expostos a información pública durante 15 días hábiles contados dende onte para a presentación de reclamacións.

Barro anima os veciños a participar na redacción das alegacións á AVE

O Concello de Barro está a difundir nun bando municipal os detalles do proceso de información pública do Proxecto Básico dá Liña de Altas Prestacións a Galicia non tramo Ourense-Vigo, que afecta en boa medida a este municipio.

O obxecto desta difusión é que os veciños coñezan os prazos de alegación e os recursos que se poden presentar antes de que se aprobe definitivamente o proxecto. O Goberno local xa anunciou que presentará unha alegación propia na que se informará detalladamente dos mananciais, abastecementos viais municipais e demais estruturas de entidade pública local que se poidan ver afectados ou danados polo paso da nova liña ferroviaria. Todos os veciños das parroquias afectadas están invitados a facer as súas achegas antes do día 20 de xaneiro, se queren participar na alegación municipal.
Orixinalmente, a AVE ía percorrer a zona de Barro cun viaduto e crear unha
grande área de intercambio na Portela. Tras as alegacións veciñais, o proxecto cambiouse substancialmente. O novo corredor discorre polo monte, percorre unha área próxima ao pasteiro de Amil, entre Barro, Campo Lameiro e Pontevedra, e formula a estación de intercambio na zona próxima ao Pontillón do Castro. O resto do percorrido farase en túnel. O prazo de exposición é de 45 días hábiles, e abriuse o 25 de decembro.

AVE BARRO

FOTODENUNCIA.A glorieta da estrada Barro-Moraña continúa sen luz

diario pontevedra

Para quen non coñeza o trazado da estrada PO-226 (Barro-Moraña) a
glorieta que se encontra pouco antes de entrar nesta localidade supón toda unha
sorpresa, máis aínda pola ausencia de iluminación, un feito que suscitou
numerosas críticas dende hai meses. A alcaldesa, Luisa Piñeiro, explicou que a dotación de luz está pendente dos trámites con Fenosa para acometer a canalización eléctrica, xa que «hai uns días volveron roubar o cable por
segunda vez». O axardinamento si se levou a cabo.

MORAÑA ROTONDA

 

Can perdido en Valiñas. COMPARTIR!

Hola mando unha foto dun can que leva catro días por Valiñas ( illó) penso que esta perdido, ten colar con nome, pero non deixa achegarse.
Sí vos o publicades, igual aparece o dono
Grazas!!

CAN VALIÑAS 1

CAN VALIÑAS 2