D.E.P. DOÑA CARMEN GENOVEVA BUCETA COSTAS

EXCURSIÓN A VILANOVA DE CERVEIRA

ACTO INSTITUCIONAL 8M

IV FESTIVAL DE BANDAS DE ESCOLA

O CANDIDATO DO PP DE BARRO, EDUARDO RUADAS, REÚNESE COA XEFATURA DE EDUCACIÓN DA XUNTA

Esta mañá, o candidato Eduardo Ruadas mantivo unha reunión con César A. Pérez Ares, responsable da Xefatura Territorial de Educación de Pontevedra. Neste encontro, tratouse o estado das instalacións do CEIP Amor Ruibal, así como o futuro do IES de Barro. Un dos primeiros pasos será a xestión de ciclos formativos no IES, que atraerán a novo alumnado e aportarán novas posibilidades aos estudantes do concello. Ademáis, xestionarase a implantación da FP Dual, unha modalidade de formación profesional que combina a actividade formativa coa formación e actividade laboral en empresas. Desta forma, non só se verán beneficiados os usuarios matriculados, senón tamén o comercio e compañías

FESTA DE ENTROIDO EN BARRO

AÍNDA NON REMATOU O ENTROIDO!!!
Este domingo 26 de febreiro, dende as 17:00 h tendes unha cita no pabillón polideportivo de Barro, para festexar o remate do Entroido como ben se merece.

FESTA DE ENTROIDO EN BARRO

17:00 CONCENTRACIÓN DE ENTROIDO E PASARRÚAS ATA O PABILLÓN Convidaremos a todos os nenos e nenas e persoas que veñan disfrazadas a concentrarse disfrazados/as diante do Concello, onde haberá música en directo, daráselles a benvida á festa e repartiranse máscaras e estandartes para acompañar o cortexo. Alí iniciaremos un colorido pasarúas de Entroido ao son de gaitas, tambores, bombos e charrascos.

17:30 h PREGÓN INAUGURAL. OBRADOIRO DE DANZAS, XOGOS E DINÁMICAS DE ENTROIDO Dillei Kike estará ambientando o pabillón previamente, e na chegada do desfile cederá o son á música en diecto. Alí haberá un pregón de Entroido seguido dun obradoiro de movemento colectivo guiado apoiado por música en directo coa colaboración da artista Alba Troiteiro.

18:00 h ESPECTÁCULO: O SEÑOR PATAJULLO E A BANDA BARULLO! Posta en escena do espectáculo de Entroido creado en exclusiva para esta proposta e estreando esta proposta escénico musical de mediano formato dirixida a público infantil e familiar.

19:00 h CONCURSO INFANTIL DE DISFRACES Presentado pola ft presentadora Adela Bértolo (Vaia Troula, TVG)

A CONTINUACIÓN: CONCERTO // SESIÓN DE DILLEI

A CONTINUACIÓN: CONCURSO DE DISFRACES DE ADULTOS.

NELSON QUINTEIRO

CAN DESAPARECIDO NA PORTELA

FESTIVAL DE ENTROIDO 2023

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

O Partido Popular de Barro pídelle ao goberno municipal a limpeza e mantemento das cunetas das vías de titularidade municipal,

O Partido Popular de Barro pídelle ao goberno municipal a limpeza e mantemento das cunetas das vías de titularidade municipal, da parroquia de Constenla, así como das marxes da estrada que leva ao campo de fútbol.

Despois da reunión que mantivemos cos veciños desta parroquia, queremos trasladarlle o descontento da veciñanza polos problemas que padecen dende hai tempo, debido ao abandono e inacción por parte do noso concello.

A falta de limpeza e mantemento das cunetas, favorece que a auga que baixa pola estrada inunde as vivendas e garaxes en reiteradas ocasións sen que o concello tome ningunha medida para solucionar este problema dos veciños.

O PP DE BARRO ESIXE AO GOBERNO MUNICIPAL O REPINTADO DE MARCAS VIAIS

O Partido Popular de Barro reclama ao Goberno municipal,  que tome as medidas, necesarias en relación co estado as marcas vías nas rúas e vías de titularidade municipal, e dar cumprimento  ao Real decreto lexislativo 6/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre tráfico,  circulación de vehículos de motor e Seguridade vial.

En xeral o estado de visibilidade, por falta de pintado dos pasos de peóns das vías titularidade municipal , é moi deficiente, e nalgúns casos, estas marcas son practicamente invisibles en xeral e en especial en días de chuvia, escuridade, ou de condicións climatolóxicas adversas, co perigo que isto comenta para a integridade física dos peóns e resto de usuarios as vías municipais,  sendo esta responsabilidade do concello, segundo o artigo 7,7,7, do citado Real decreto lei 6/2015. 

E para poder dar cumprimento ao articulo 25, alínea (a), do mencionado Real decreto lexislativo, e que os peóns teñan garantida a súa prioridade , e en consecuencia a súa integridade física, deberíase á máxima urxencia, a proceder ao repintado de todos os pasos de peóns de titularidade municipal.

Tamén sería recomendable a vixilancia, e toma-las medidas sancionadoras correspondentes, sobre todos aqueles usuarios de vehículos, que usan as beirarrúas e demais zonas peonís para estaciona-les os seus vehículos, de forma que poñen en perigo a seguridade das persoas, e en especial aquelas con problemas de mobilidade reducida, ou menores de idade.

NNXX constitúe a súa xunta local en Barro, presidida por Víctor Oubiña

13, febreiro, 2023. Novas Xeracións constituíu unha nova xunta local en Barro, presidida por Víctor Oubiña, que lidera un equipo renovado e maioritariamente feminino, con seis mulleres e tres homes. Así, con el, forman a nova executiva xuvenil Tania Búa, José Manuel Formoso, Raquel García, Nadia Couso, Virginia González, Paula Silva, o concelleiro Alberto Diz e Carmen Saavedra. 

Esta fin de semana foi a presentación da agrupación xuvenil, nun acto ao que tamén asistiron o presidente provincial, Luis López; o presidente de NNXX de Galicia, Adrián Pardo; a presidenta provincial de NNXX, Ana Cristina Pérez Cabaleiro; os deputados nacionais Diego Gago e Juan Constenla; o deputado autonómico Fernando Pérez, así como o candidato á alcaldía e presidente da xestora local do PP, Eduardo Ruadas.

Víctor Oubiña amosouse ilusionado e dixo que forma parte dun novo equipo con moitas gañas, con moita forza, compromiso e que traballará arreo nesta nova etapa, apoiando a Eduardo Ruadas para acadar o maior resultado nas municipais de maio. En palabras de Oubiña, a constitución de NNXX de Barro “supón un paso moi importante, que marcará un antes e un despois para o partido, xa que a mocidade comeza a ter voz e voto. Traballaremos para que as cousas cambien no noso concello e Barro vaia polo bo camiño”. Ademais, dixo que “as portas están abertas para toda a mocidade que queira unirse ao noso proxecto”.

Nesta liña, afirmou que “hai ganas de cambio en Barro, e o único partido que ofrece unha alternativa real e seria para facelo é o PP”. Un partido que, dixo, nesta nova etapa “aposta como nunca o fixo antes pola mocidade, quere que os máis novos se involucren, traballen e fagan propostas para o futuro de Barro”. Recordou que hai décadas que NNXX quixo constituírse en Barro, “e se non o fixo antes, non foi porque non houbera mozos. Hai mocidade en Barro disposta a traballar polo seu concello”. Por iso, agradeceu a Eduardo Ruadas, o candidato e presidente da xestora local, o seu apoio aos máis novos.

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

Gato perdido na Portela

Falta dende fai unha semana e xa buscamos por todas partes e preguntamos a veciños se o viran, pero ninguén o viu.

É un gato laranxa/rubio. Ten o rabo torcido e colgalle un pouco a barriga. É mansiño e responde ao nome de Bran. Pidolle que se o ven ou saben onde pode estar que me chamen ou que nos poidan avisar dalgunha maneira. Somos da parroquia da Portela, concretamente de Vilaverde/Estación de Portela.

Adxunto fotos del: 

Os nosos números de teléfono son: 686039235, 986711058, 678098442

D.E.P. DOÑA ADORINDA CASTRO PAZ