“O veciño de enfrente” Estado actual de mantenemento e conservación do Parque do Rego Areal

Estado actual de mantenemento e conservación do Parque do Rego Areal, pagado con axudas do Proder. Un exemplo máis de inversión a medias en Barro: o importante é dicir que o fixeron, non que se poida utilizar (e así o Pazo, o Concello, as Pontes de Barosa e Valbón, os muiños-chiringuito de Barosa, as rúas sen baldosas, os campos de fútbol,…).

Gastan os cartos en obras nas que non poden asumir o mantenemento en lugar de destinalos a servicios públicos básicos que se cofinanciarían con fondos europeos. A fritura de impostos era para esto, queridas croquetas.

Firma:

“O veciño de enfrente” (prometo máis post…)

20140920_184200 (Large)

20140920_184100 (Large)

20140920_183952 (Large)

20140920_183945 (Large)

20140920_183929 (Large)

20140920_183912 (Large)

20140920_183646 (Large)

20140920_183642 (Large)

20140920_183638 (Large)

 

Case 300 bolseiros da Deputación escollen a empresa na que debutarán no mercado laboral

diario-pontevedra1

Preto de 500 bolseiros elixirán, entre onte e hoxe, a empresa na que van desenvolver un ano de chicos  prácticas, financiadas pola Deputación de Pontevedra no marco II Plan de Práctica Laboral.

O Salón de Plenos acolleu onte pola mañán á primeira quenda de bolseiros, correspondentes a 62 titulacións, e pola tarde foi o turno dos titulados de dúas das especialidades máis demandadas: o Administración e Finanzas e Administración e Dirección de Empresas.

En total, case 300 mozos aos que hoxe se sumará a última quenda, con 45 titulacións diferentes e bolseiros ata completar un total de 500 titulados que van ter a súa primeira oportunidade laboral na profesión para a que se formaron.

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, destacou que, cos que agora participan neste II Plan de Práctica Laboral na empresa privada, esta iniciativa, «única en España», leva xa facilitado o acceso ao mercado laboral «a preto de 2.000 pontevedreses con titulacións universitarias ou de FP».

Por iso, animou aos novos bolseiros a «aproveitar ao máximo esta magnífica oportunidade» que lle pode abrir as portas do seu futuro laboral, tanto se se quedan na empresa na que van realizar as prácticas como se non, dado que, tal e como subliñaron moitos dos bolseiros acollidos a este programa, «isto vainos permitir ter unha experiencia que moitas empresas nos piden e que non tivemos ocasión de adquirir ata agora».

76 de Pontevedra

Do total de bolseiros que se beneficiarán desta iniciativa, 76 farano na comarca de Pontevedra. A maioría farao na capital da provincia, onde se ofertan prazas en 68 empresas. A elas súmanse catro no concello de Poio, dúas en Barro, unha en Cotobade e outra en Ponte Caldelas.

A busca de experiencia que lle facilite o acceso a un posto de traballo na especialidade para a que se formaron é o obxectivo principal dos mozos e mozas que se apuntaron a este plan da Deputación.

«Coñezo algún que xa se ten presentado e, polo xeral, están moi contentos», asegura a Cambadesa Lucía Alfonso Chantada, que realizará as súas prácticas laborais en Diacopevi, de Ponte Caldelas.

Tamén na comarca de Pontevedra traballará Mara Vázquez Lago, titulada en Enxeñería Técnica e Deseño Industrial e Grao en Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto, que está feliz de ter unha oportunidade despois de moitos meses buscando traballo e que considera o Plan de Deputación unha iniciativa moi positiva e digna de manterse no tempo.

Todos eles comezarán as súas prácticas o vindeiro un de outubro, con bolsas de seis meses prorrogables por un ano.

A contía da bolsa é de 800 euros para titulados universitarios e de 700 para titulados de FP, que serán financiados integramente pola Deputación, que tamén correrá cos gastos dos correspondentes recoñecementos médicos.

http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/360514-300-bolseiros-deputacion-escollen-empresa-debutaran-mercado-laboral

Moraima Caíño 2013: Novo tinto da D.O. Rías Baixas presentado onte en Barro

Barro, 19 de setembro de 2014

A adega Viña Moraima, S.C.G. realizou onte a presentación do seu novo viño: Moraima Caíño. O lugar escollido para dar a coñecer o primeiro tinto desta adega foi o Pazo da Crega en Barro, onde se deron cita unhas 150 persoas dos máis variados ámbitos, todas elas vencelladas dun xeito ou outro ao mundo do viño.

A encargada de dar a benvida aos asistentes a este acto foi Salomé Cancela, unha das socias fundadoras; quen agradeceu a súa presencia no que considerou un fito histórico para a  pequena cooperativa. Na súa intervención, quixo recoñecer a labor de  Roberto Taibo e Cristina Yagüe, enólogos colaboradores da adega dende fai tres anos aproximadamente, e pais da criatura; cunha mención especial para eses antergos que tempo atrás plantaron e fixeron chegar ata hoxe as cepas de caíño que permitiron a elaboración de Moraima Caíño.

Pola súa parte, outro dos socios primitivos, Gonzalo Reboredo, realizou  un breve repaso pola aínda curta vida desta cooperativa de colleiteiros de Barro; facendo especial fincapé na forte aposta de Viña Moraima polas elaboracións diferenciadas, piares fundamentais de que hoxe se atopen no seu mellor momento de expansión nacional e internacional . “Se vos gusta Moraima Caíño, levade o nome de Barro polo mundo”, rematou dicindo.

Ás cuestións técnicas relativas ao coidado do viñedo, e ao proceso de elaboración de Moraima Caíño referiuse Cristina Yagüe; quen salientou que se atopara cunha caste autóctona, con cepas vellas, incluso centenarias, e que no proceso de vinificación se tentara respectar ao máximo o seu carácter varietal.

O acto rematou cunha pequena cata dirixida pola recoñecida sumiller Mercedes González, quen quixo sumarse a esta pequena homenaxe ao caíño tinto, e comezou convidando aos asistentes a probar bagos dos acios que recollera esa mesma tarde.

Durante o evento, que se dilatou ata altas horas da noite, os asistentes tamén puideron degustar os dous viños brancos da D.O. Rías Baixas desta adega: Aba de Trasumia, e Moraima Albariño.

_DSC5480

moraima

Máis de 70 vivendas de Curro, sen luz durante catro horas

diario_pontevedra.750

Un total de 77 fogares da parroquia de Curro quedáronse onte sen subministración eléctrica de catro horas, como consecuencia dunha avaría provocada por un accidente de circulación.
Fontes de Gas Natural Fenosa informaron de que a incidencia se produciu ás 12.07 horas, cando un camión tirou parte do cableado de baixa tensión que discorre paralelo á estrada que une Pontevedra eVilagarcía.
As tarefas de reparación prolongáronse durante máis de catro horas. Ademais, algúns afectados sinalaron que o incidente tamén afectou á liña telefónica e á conexión a Internet.
O servizo de subministración eléctrica foi reestablecer por completo ás 16.18 horas.

curro

Pontevedra será escala da ruta para protestar contra os gardarraíles

diario_pontevedra.750

Moteiros de toda a provincia están chamados a sumarse o domingo á mobilización nacional contra os actuais gardarraíles, que en Galicia terá o seu epicentro en Santiago de Compostela.

A caravana de participantes partirá ás 9 horas desde Vigo e chegará á cidade do Lérez ao redor das 10 horas, facendo escala xunto ao Estadio de Pasarón. Desde aí continuará a ruta cara ao Hotel Cano Alto de Caldas, onde ás 10.30 horas está previsto que se reúna o groso da comitiva pontevedresa.

A chegada á praza do Obradoiro está prevista para as 14 horas. Unha vez alí lerase un manifesto no que os convocantes deixarán claro o motivo da reivindicación: «Xa non nos serve a escusa da crise nin ningunha outra. En base á protección xurídica da Constitución, esiximos non ser discriminados como usuarios e a instalación dos sistemas de protección para motoristas, que cumpran coa normativa de Nivel 1, e preferiblemente de clase 70 en vías interurbanas, en todas as barreiras metálicas de seguridade existentes nas nosas estradas. E dado que estamos cansados de ver campañas publicitarias, onde se nos di que na estrada andamos todos, e logo de todos os datos aquí mostrados, esixímolo sen condicións e esixímolo xa!».

PMSV

Pola súa banda, a Plataforma Moteira pola Seguridade Viaria, a través do seu presidente, Manuel Picón, chamou onte a atención sobre o risco dos sinais que salpican as beiravías, e puxo como exemplo o accidente sufrido o xoves en Barro por unha sesaxenaria, que se atopa grave tras chocar contra un farol.

«Se chegar a ser un motorista párteo pola metade. Non só denunciamos que os gardarraíles matan. Tamén o fan os sinais e os farois, que son de aceiro e están ancoradas con 30 quilos de formigón ao asfalto», subliña.

Como solución, expón que «deben ser de material plástico ou PVC e autodeformables, en vez do muro que representan cando se choca contra elas».

http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/359933-pontevedra-sera-escala-ruta-protestar-guardarrailes?lang=gl

accidente 2

Festival de bandas de música de Barro

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

Barro acollerá este domingo o seu XVI Festival de Bandas de música, unha cita obrigada para todos os amantes da boa música e das Bandas de Música que nesta ocasión contará coas actuación do Grupo de Metais Leerber Musig de Suíza, A Banda de Música municipal de Valga, a Banda Escola de música de Rianxo e a Banda Xuvenil de Barro.

O Festival, organizado como nas quince ocasións anteriores pola Asociación “Cultura e Xuventude” de Barro finánciase coa colaboración de comercios, empresas locais e comunidades de montes do concello que aportan o seu gran de area para que este evento se poida seguir celebrando ano tras ano, ademais da rifa dunha fin de semana no Balneario de Cuntis que se sorteará durante a celebración do festival.

Nesta edición a Banda Xuvenil de Barro interpretará o mesmo repertorio co que concursará no Certame Provincial de Bandas da Deputación de Pontevedra o vindeiro mes de outubro.

http://pontevedraviva.com/cultura/14555/barro-festival-bandas-musica-leerber-musig-valga-rianxo/

banda de barro

Tiro con arco, exhibicións de xogos a cabalo e cea de época na V Festa Medieval de Barro

diario_pontevedra.750

O municipio de Barro retornará mañá á Idade Media nunha xornada na que non faltarán exhibicións de xogos medievais a cabalo, tiro con arco, obradoiros de xoias de barro e de pan, así como unha gran cea de época, á que os veciños da localidade asistirán cos traxes característicos do medievo.

A apertura da V Festa Medieval de Barro terá lugar ás 12 horas, aínda que, previamente, ás 10 horas se dará saída á Ruta Cabalar no Pazo da Crega. Os obradoiros de pan e de xoias de barro comezarán tamén ás 12, mentres que as demostracións de tiro con arco serán a partir das 12.30 horas.

A localidade recibirá aos participantes da Ruta Cabalar ás 14 horas, momento no que irán chegando á meta de xeito escalonado.

As actividades continuarán ao longo da tarde coa celebración de diversas exhibicións de xogos medievais a cabalo, demostracións que correrán a cargo dos Cabaleiros do Salnés. Paralelamente, os que se acheguen mañá ao municipio poderán pasear entre os distintos postos de artesanía, gastronomía e de oficios medievais que estarán instalados na explanada do Pazo da Crega.

O momento máis destacado da chegará coa cea de época que terá lugar ás 22.30 horas no mesmo Pazo. O menú medieval estará composto por empanada, mexillóns, calamares, polbo, xarrete asado con patacas e ensalada,postres, café, viño e auga. Coa chegada da medianoite farase unha queimada para todos os presentes e procederase á entrega de trofeos entre os participantes dos diferentes torneos da festa.

http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/359799-tiro-arco-exhibicions-xogos-cabalo-cea-epoca-v-festa-medieval-barro

Programa_V_Festa_Medieval_2014_1000

Programa_V_Festa_Medieval_2014_1000 - copia

Cóntanos: Gonzalo Lagares Martiñán. Charla na Omix de Barro

GONZALO LIÑARES

INFORMÁTICA PARA PRINCIPIANTES

INFORMATICA BARRO

REFORZO PARA BUSCAR EMPREGO

reforzo

Boletin de emprego PONTEemprego nº 183 de data 17/09/2014

emprego logohttp://www.proxectoiles.eu/PONTEemprego/Boletin/oferta_trabajo_empleo_formacion_curso_pontevedra_%20183_PONTEemprego_data_17-09-2014.pdf

 

PONTEEMPREGO

EMPREGO DE CAMAREIRO/A EN BARRO

camareira

A cidade rexistra xa unha media de 180 litros de choiva ao mes, un 70% por encima do habitual

PORTADA faro-de-vigo

Pontevedra despide o verán, este fin de semana, cunha intensa paisaxe outonal, por non dicir invernal. Aínda que as temperaturas aínda son cálidas, as constantes precipitacións destes últimos días dispararon os rexistros de pluviosidad nun ano xa marcado pola choiva desde o principio, ata o punto de que a cidade xa supera a estas alturas os 1.600 litros de auga, o que supón unha media duns 180 ao mes. Esta cifra significa un 65% máis do habitual ata o final do verán. Se a media histórica en Pontevedra establece unha media mensual de 107 litros entre xaneiro e setembro, 2014 xa supera con fartura esa cantidade e a xornada de onte dá fe diso.

Con máis de 57 litros acumulados en apenas 24 horas, o día de onte xa se converteu nun dos máis chuviosos do ano, alcanzando mesmo rexistros de xaneiro e febreiro pasado, cando os temporais de choiva e vento non deron tregua durante semanas. Así, a xornada con maior cantidade de choiva era o 6 de xaneiro pasado, con 60,8 litros, cantidade similar á de onte.

Xa durante a noite as trombas de auga foron intensas e a estación meteorolóxica de Lourizán contabilizaba ás 9.00 horas preto de 23 litros caídos. Pero ao longo da xornada mantívose esta tendencia ao seis da tarde xa se superaban os 55, o que situaba a Pontevedra á cabeza de toda a comarca. Así, en Sanxenxo roldábanse á mesma hora os 45 litros e máis de 40 en Cuntis. Pola súa banda, roldaban o trinta as estacións de Poio, Ponte Caldelas, Cotobade e Caldas.

De feito, para onte estaba activada unha alerta amarela de posibles precipitacións intensas no intervalo dunha hora, así como outra de vento no mar. Para hoxe venres as predicións de Meteogalicia manteñen a tendencia, polo menos en canto a choivas.

A intensidade das precipitacións provocou diversos alagamentos, danos e outros danos na comarca. Así, en Sanxenxo rexistráronse cortes de luz en puntos como Noalla, Vilalonga e Portonovo e formáronse bolsas de auga en numerosos viarios, algo que tamén se rexistra no PO-308 en Poio na zona da Barca, onde os veciños atribúen as formacións de grandes charcos a deficiencias no recente asfaltado do viario. Así mesmo, en Pontevedra un garaxe da rúa Santa Clara presenta filtracións de auga, que os veciños relacionan coas obras de reforma da rúa, paralizadas desde hai semanas.

Pola súa banda, rexistráronse varios accidentes na rede viaria comarcal que nalgún caso relaciónanse coas choivas. Así, ás 13.00 horas houbo unha colisión por alcance en Poio e á mesma hora un vehículo saíase da vía na PO-313 en Marín e precipitábase por un desnivel, aínda que o seu ocupante puxo saír polo seu propio pé. Tamén na AP-9 en Barro produciuse un aparatoso accidente ás 14.30 horas.

http://galego.farodevigo.es/portada-pontevedra/2014/09/19/ciudad-registra-media-180-litros/1096599.html

ciudad-registra

 

Unha condutora de 60 anos, ferida de gravidade ao impactar contra unha farola en Curro

Unha muller de ao redor de 60 anos resultaba ferida de gravidade por traumatismo torácico ao perder o control do seu vehículo e impactar contra un farol fronte á gasolineira de Curro, na PO-531, no concello de Barro durante a tarde deste xoves 18.

Foi necesaria a intervención dos Bombeiros do parque do Salnés para rescatar a muller que se quedou atrapada no interior do turismo, un Peugeot 205, que quedou destruído polo impacto.

A condutora, única ocupante do vehículo, foi trasladada a un centro hospitalario de Pontevedra. Ata o lugar desprazouse unha ambulancia de Urxencias Médicas ademais da Garda Civil de Tráfico e membros da agrupación de voluntarios de Protección Civil de Barro.

http://pontevedraviva.com/xeral/14589/condutora-60-anos-ferida-gravidade-impactar-farola-curro-barro/

bomberos accidente

“Que se lle dá de comer a un neno por 10 céntimos?”

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

La empresa Freire Chico Airas Catering es la encargada del servicio de comida de las guarderías landin e feijode la Galiña Azul de la Xunta de Galicia tras la adjudicación a esta entidad que ofreció una propuesta de 4.900.000 euros, 800.000 euros por debajo de la cifra de 5.690.000 euros que marcaba la Xunta. Esta concesión ha provocado que saltaran las alarmas en el sindicato CIG que afirma que desde el 1 de septiembre la empresa ya se encuentra al frente de algunos comedores porque la anterior adjudicataria abandonó la concesión y, a partir del 1 de octubre, Freire Chico se hará cargo del servicio de comida de todas las guarderías de la Xunta.

Marcos Cadórniga, de CIG-Servizos, denunciaba que la empresa ya ha obligado a las trabajadoras de este servicio a firmar una reducción de jornada y que, entienden, va a repercutir en la calidad de la atención a los menores de 0 a 3 años durante las comidas ya que, al mismo tiempo, que atienden a los bebés deben realizar las labores de limpieza del material de la cocina para cumplir con su horario laboral. “Queremos denunciar a política privatizadora do PP, dos servizos públicos. Nos parece lamentable que se recorte na comida de nenos e na atención. E vamos estar encima desta situación”, afirman desde la CIG.

El sindicato nacionalista entiende que esta rebaja presupuestaria va a tener consecuencias en la calidad de la alimentación de los escolares. Según denuncian ya han detectado en los comedores escolares, que ha asumido la empresa, la disminución de la calidad de la comida porque señalan que la empresa oferta meriendas por 10 céntimos y las comidas entre 3,05 y 3,50 euros, dependiendo del lote. Cadórniga y las representantes de la CIG se preguntan qué se le puede dar de comer a un niño por 10 céntimos.

Por este motivo se pondrán en contacto con la Inspección de Trabajo, con Sanidad y con las ANPAS para llevar un control sobre la calidad de la comida y del servicio que se ofrece a través de esta empresa adjudicataria durante el presente curso escolar.

http://pontevedraviva.com/xeral/14561/comer-neno-0-10-centimos-garderias-nenos-traballadoras/

escola infantil barro