A DEPUTACIÓN RENOVARÁ O PINTADO DE 71 ESTRADAS DO SALNÉS, CALDAS E PONTEVEDRA CON MÁIS DE 500.000 EUROS

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, anunciou hoxe un investimento de 1,7 millóns de euros para a mellora de 2.577 quilómetros de sinalización horizontal nas vías provinciais.

En total actuarase en 226 estradas, o que supón case as tres cuartas partes do total da rede de vías de titularidade provincial.

O deputado insistiu, así, en que os criterios de selección das estradas nas que actuar foi decidido logo dun traballo “serio e rigoroso” para priorizar as actuacións máis urxentes. “Serán cuestións técnicas e non políticas ou partidistas como ata agora as que marquen os lugares nos que actuar. Non se farán melloras pola petición do alcalde de ‘turno’”.

Benítez explicou que quedaron fóra do plan de sinalización algunhas vías asfaltadas recentemente e tamén outras nas que o novo departamento de Mobilidade prevé actuar de maneira inminente ou a corto prazo.

A licitación das obras aprobarase esta semana para comezalas tan pronto como as condicións meteorolóxicas o permitan.

O primeiro lote que se saca a licitación é o das comarcas de Pontevedra, Caldas e O Salnés, que suman 771,8 quilómetros de pintado e supoñen un gasto inicial de (orzamento de licitación) 516.018,49 euros. Actuarase en 71 estradas provinciais.

Na comarca de Pontevedra pintaranse 332.8 quilómetros en 25 estradas.
No Concello de Pontevedra renovarase a sinalización horizontal de 120 quilómetros (sete estradas), 46,5 en Ponte Caldelas (catro estradas), 45,6 en A Lama (tres estradas), 83 en Cotobade (seis estradas), 26,2 en Barro (catro estradas) e 11,2 en Poio (unha Estrada.

fb_img_1478814959434

XUNTOS POLO NADAL

fb_img_1478813405797

DÍA DA MÚSICA

fb_img_1478813419031

CICLO DE CINEMA NO PAZO DA CREGA

fb_img_1478812024677

SAN MARTIÑO 2016

fb_img_1478791425602

ACTUACIÓN BATUKO TABANKA

O grupo de mulleres de orixe caboverdiana Batuko Tabanka ofrecerá un concerto este sábado, día 12 de novembro ás 18:00 h. no Pazo da Crega.

fb_img_1478550072440

HORARIOS DOS PARTIDOS DO BARRO

fb_img_1478348545164

Exposición Galicia-Cabo Verde: Unha Irmandade

Do 7 ó 20 de novembro na sala de exposicións do Concello (3º andar).

A exposición Galicia-Cabo Verde: Unha Irmandade ilustra a viaxe a Cabo Verde do fotógrafo ferrolán Roberto Amado en outubro de 2013.

Roberto Amado emprendeu unha viaxe dun mes por 6 das 10 illas que compoñen o arquipélago caboverdiano, visitando os principais proxectos apoiados polo Fondo Galego durante os 11 anos de cooperación con Cabo Verde. As súas instantáneas mesturan viaxes da vida diaria das persoas que no seu conxunto achégannos á realidade do país.

exposicion-cabo-verde_jpeg

 

CÓMO COMBATER A PRAGA DA VESPA VELUTINA

fb_img_1477672114017

O paro sobe un 2.58 % durante setembro en Barro

paro-en-barro

Asambleas informativas do goberno municipal

charlas-informativas

Primeiro Aniversario de A Barbería de Damián en San Antoniño

a-barberia-de-damian

FESTIVAL D-medo

Este luns, 31 de outubro, temos o festival D-medo no Pazo da Crega.

festival-de-medo

O COLEXIO DE BARRO CELEBRA O SAMAÍN

Carmela Silva inicia en Barro unha xira para comprobar o resultado do Plan Concellos

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

Barro foi a primeira parada na xeira de visitas que a presidenta da Deputación, Carmela Silva, ten previsto realizar polos municipios da provincia para comprobar a execución dos proxectos que foron financiados con cargo ao Plan Concellos posto en marcha polo goberno provincial.

En concreto, Carmela Silva visitou, acompañada do alcalde de Barro, Xosé Manuel Abraldes, os traballos para a mellora e reparación de catro parques entre os que se atopa o de Agudelo (cuxas obras xa están rematadas) ou o de Cangrallo, e que recibiron un investimento do Plan Concellos de 21.000 euros.

A presidenta provincial felicitou ao Concello de Barro “polas boas decisións tomadas” e por “entender” o espírito co que naceu o Plan Concellos: “un plan equilibrado onde se trata con xustiza a todas as vilas da provincia”.

No caso de Barro destacou que fixo un reparto equilibrado entre todas as súas parroquias e respondendo ás demandas históricas da súa veciñanza, “cousa que non sempre aconteceu”

Ademais, a presidenta lembrou que foi o goberno municipal quen decidiu en que ían empregar eses recursos económicos e sinalou que “temos que garantir os servizos e os dereitos, porque esta é a única forma que temos de que a xente quede no noso territorio ante un problema tan grave como é o abandono”.

Pola súa banda o alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, sinalou que grazas ao Plan Concellos “atopámonos nunha situación na que xa de antemán sabiamos exactamente o diñeiro do que iamos dispor” e iso foi, sinalou, “moi positivo” á hora de facer unha boa planificación dos orzamentos.

A Deputación de Pontevedra destinou a Barro a cantidade de 509.274,51 euros, isto é, un investimento de 136,70 euros por habitante.

Dentro deses cartos, o Plan Concellos supuxo un investimento de máis de 399.000 euros. Xunto cos parques infantís, se están a realizar tres obras de saneamento ou traballos na pista polideportiva de San Antoniño e, ademais, se arranxaron viarios e acometéronse traballos en materia de seguridade viaria e se crearon 16 postos de emprego nos servizos municipais.

Á marxe do Plan Concellos, Barro tamén recibiu 46.000 euros en políticas sociais, grazas aos 40.000 euros que recibiu para axudas de emerxencias e a que a súa veciñanza se beneficiou dos programas “En Ruta coa Depo”, “Depo en marcha”, “Depotermal”, “Depo Aventura A Lanzada”, “Depo RúARTE”, “Espazos de lecer: concilia” e o “Conectadas 2016”.

Do mesmo xeito, Barro recibiu un investimento de máis de 20.000 euros en cultura entre as actividades do Ano Castelao, axudas á dinamización da lingua galega, actuacións para comisións de festas e o Concello a través do programa “Pontegal”, colaborando directamente co Concello na restauración da carpintaría da zona central do Pazo de Santo Antoniño ou colaborando na organización da Festa do Viño de Barro ou noutras actividades lúdicas.

http://pontevedraviva.com/xeral/31687/carmela-silva-inicia-barro-gira-comprobar-resultado-plan-concellos/

abraldes-diputacion