A DEPUTACIÓN RENOVARÁ O PINTADO DE 71 ESTRADAS DO SALNÉS, CALDAS E PONTEVEDRA CON MÁIS DE 500.000 EUROS

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, anunciou hoxe un investimento de 1,7 millóns de euros para a mellora de 2.577 quilómetros de sinalización horizontal nas vías provinciais.

En total actuarase en 226 estradas, o que supón case as tres cuartas partes do total da rede de vías de titularidade provincial.

O deputado insistiu, así, en que os criterios de selección das estradas nas que actuar foi decidido logo dun traballo “serio e rigoroso” para priorizar as actuacións máis urxentes. “Serán cuestións técnicas e non políticas ou partidistas como ata agora as que marquen os lugares nos que actuar. Non se farán melloras pola petición do alcalde de ‘turno’”.

Benítez explicou que quedaron fóra do plan de sinalización algunhas vías asfaltadas recentemente e tamén outras nas que o novo departamento de Mobilidade prevé actuar de maneira inminente ou a corto prazo.

A licitación das obras aprobarase esta semana para comezalas tan pronto como as condicións meteorolóxicas o permitan.

O primeiro lote que se saca a licitación é o das comarcas de Pontevedra, Caldas e O Salnés, que suman 771,8 quilómetros de pintado e supoñen un gasto inicial de (orzamento de licitación) 516.018,49 euros. Actuarase en 71 estradas provinciais.

Na comarca de Pontevedra pintaranse 332.8 quilómetros en 25 estradas.
No Concello de Pontevedra renovarase a sinalización horizontal de 120 quilómetros (sete estradas), 46,5 en Ponte Caldelas (catro estradas), 45,6 en A Lama (tres estradas), 83 en Cotobade (seis estradas), 26,2 en Barro (catro estradas) e 11,2 en Poio (unha Estrada.

fb_img_1478814959434

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s