Charla informativa sobre Revisión de equipos e alta no ROMA

Charla informativa sobre Revisión de equipos e alta no ROMA sobre equipos de aplicación de produtos fitosanitarios (arrastrados e suspendiso de máis de 100 l.) o sábado 17 ás 12:00h. no Salón de Plenos do Concello.

fb_img_1480937577684

ROUBO NO APARCADOIRO DE BAROSA

_20161204_160252

O alcalde de Barro reclama un centro de saúde novo ao delegado territorial da Xunta

_20161203_124340

Cando o crime prodúcese dentro da familia

_20161203_123145

_20161203_123219

Os alcaldes de Barro e O Grove trasladan a Cores Tourís as peticións a Xunta

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, realizou este venres sendas visitas institucionais aos concellos de Barro e O Grove.

O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, centrou o seu interese no avance da tramitación das concentracións parcelarias que se atopan activas no municipio: Agudelo-Barro-Valiñas, que se atopa en fase de acordo; a de Perdenai-Barro II, en fase de bases definitivas; e finalmente, a de Curro-Portela, que está en fase de bases provisionais.

Cores Tourís advertiu que se trata dunha “parcelaria de gran complexidade, xa que estamos a falar de unha dimensión moi grande de terreo con un elevado número de propietarios e a pesar diso, puidemos lograr grandes avances neste eido”, explicou Cores Tourís, quen recordou os investimentos realizados como o millón de euros destinados as obras de camiños en Perdecanai.

Por outra banda, Fernández Abraldes tamén solicitou que se siga a colaborar co concello en relación ao centro de saúde, con máis de 3.700 usuarios, onde, nos últimos tempos cambiáronse as portas e o mobiliario. O alcalde insiste na necesidade de mellorar á accesibilidade a este edificio e de que se tome en conta ao concello cando se decida levar a cabo un novo paquete de transferencias de centros de saúde á Xunta.

O alcalde tamén realizou solicitudes en relación ás infraestruturas, destacando a necesidade de bacheo que ten algúns puntos do Camiño de Santiago ao seu paso polo concello. Por outra banda, mostrou a súa satisfacción polo avance das obras de mellora da PO-531, especialmente no caso da rotonda de acceso ao polígono de Sequeiros, xa que a Axencia Galega de Infraestruturas acaba de convocar aos titulares de bens e dereitos afectados para proceder ao levantamento das actas previas á ocupación de cara a poder levar a cabo as expropiacións necesarias para executar esta obra.

Finalmente, Abraldes demandou tamén colaboración da Xunta de Galicia de cara a seguir loitando contra os niños de avespa velutina, especialmente os que se atopan en lugares moi elevados, xa que consideran que está a causar danos entre os apicultores da comarca.

Le todo o artigo preme o enlace:

http://pontevedraviva.com/xeral/32616/alcaldes-barro-grove-cores-touris-peticiones-xunta/

abraldes

 

Mozos de Educación Especial de Príncipe Felipe crean un xardín no composteiro de Barro

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

O centro de compostaxe comunitario que a Deputación instalou en Barro, dentro do seu Plan Revitaliza, conta desde este venres cun fermoso xardín ao seu arredor.

Nove mozos do programa formativo de xardinería e viveirismo do Centro de Educación Especial de Príncipe Felipe, estiveron traballando durante un mes para acondicionar o contorno do composteiro. Estes, ademais, plantaron unha maceira e varias campánulas co primeiro compost obtido do lixo orgánico aportado polos veciños da zona.

A deputada Eva Vilaverde subliñou que a plantación da maceira e das plantas con flor é un acto simbólico que demostra que é posible outra maneira de facer as cousas.

“Demostramos como se pode pechar o círculo e aproveitar os residuos para devolverlle á terra o que nos dou: podemos darlle un uso ao lixo, xa que este é útil como fertilizante da terra e desa terra sairán froitos”, explicou.

Os rapaces do centro de Educación Especial recibiron uns diplomas do Concello de Barro polo seu traballo de axardinamento da parcela municipal da man do alcalde Xosé Manuel Fernández Abraldes e o tenente de alcalde José Sanmartín.

Un grupo de alumnos de sexto de Primaria do colexio Amor Ruibal, que está a traballar nun proxecto sobre compostaxe, tamén asistiu ao acto, no que o mestre composteiro da Deputación, Quique Pintos, explicou varias cuestións básicas sobre o funcionamento deste sistema de aproveitamento dos residuos orgánicos.

O vindeiro 4 de xaneiro o Concello de Barro celebrará tamén unha festa da reciclaxe, na que se poderá repartir o primeiro compost do composteiro aos veciños participantes na iniciativa do Plan Revitaliza.

Le todo o artigo preme o enlace:

http://pontevedraviva.com/xeral/32628/jovenes-educacion-especial-principe-felipe-crean-jardin-compostero-barro/

touris

Calendario Laboral de Barro 2017

calendario-2017-laboral-de-barro

XVI CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL EN BARRO

Este ano unha nova categoría, (7ª categoría: EN EQUIPO), na que se pode participar conxuntamente avós/as e netos/as, pais/nais/titores e fillos/as, irmás xuntos, etc.

Prazo remata o día 15 de decembro.

postais-barro

 

 

 

 

“Eu o que son é un contador de historias”

diario pontevedra

francisco-remiseiro

“Esculturas como bonecos. Di Francisco Remiseiro (Barro, 1975) que, dalgún xeito, así trata el as súas pezas: introducíndoas nun relato. O creador inaugura este xoves a exposición De catedral en catedral na galería About Art de Pontevedra.

“O título da mostra refírese a unha actitude, unha actitude de búsqueda”, explica Remiseiro. “Ten que ver coa descrición dun itinerario polo que pasan moitos artistas, indo dun lugar para outro, intentando atopar un espazo para a súa obra. De catedral en catedral describe ese proceso de búsqueda”. En About Art presenta unha recompilación de pezas dos últimos catro anos. “É unha selección de traballos moi escollidos, de pezas pequenas, todas cun fío en común: estar talladas en madeira, nunha escala moi semellante e enmarcadas nun discurso común. Penso que é un proxecto especialmente axeitado para un espazo coma este”. Na galería pontevedresa poderá visitarse o seu traballo ata o 13 de xaneiro.

De formación autodidacta, Francisco Remiseiro entrou en contacto cos oficios tradicionais na infancia. A eles remite en varias ocasións a través do seu discurso. “É certo. Hai como un trasvase de información entre o mundo dos oficios artesanais e a miña obra”, explica. “Pero eu non me considero un ebanista nin un canteiro, aínda que si que recoñezo que saquei moitísimas cousas dese mundo e que me foron válidas. Son como oficios satélites que a min me serven”. O que pasa é que el vese a si mesmo doutra maneira. “Eu realmente o que son é un contador de historias. Para min o máis importante é a historia. A xente pode ver ou non que detrás de cada peza hai moitísimo traballo, eu non reivindico iso nunca, dáme igual. A miña obra é moi narrativa. O que quero é que ao espectador lle chegue a miña mensaxe”.

Para trasladarlla ao público, Remiseiro inaugurará a súa exposición cunha performance. “Non é a primeira vez que a fago, pero gustaríame que funcionase como unha pequena sorpresa. Vai ser unha experiencia bonita e entenrecedora, unha especie de conexión co mundo que tanto me gusta dos oficios, con ese universo ancestral”.

Le todo o artigo no Diario de Pontevedra
Preme o enlace:

“AQUÍ GALICIA” TVG EN BARRO

festa-barro

Boletin semanal de emprego PONTEemprego nº 201 de data 30/11/2016

pdf

Fai clic para acceder a oferta_trabajo_empleo_formacion_curso_pontevedra_PONTEemprego_Alerta_201_30-11-2016.pdf

boletin-emprego

 

 

Nicolás Medranda será homenajeado por Moraña no campionato galego

PORTADA faro-de-vigo

Moraña é berce de campións de Kick-Boxing, como demostra o seu convecino Nicolás Medranda Pedra. O mozo, dobre campión de España e campión internacional, será homenajeado na súa localidade o vindeiro sábado día 3 de decembro, con motivo da celebración do Campionato Galego de Kick-Boxing na súa modalidade de Kick-Light, que consiste en golpes máis suaves nos que non se busca o K.Ou. do adversario.

O equipo ABP Sport de Pontevedra, ao que pertence Medranda, é o coorganizador do evento xunto ao Concello de Moraña. Nel participarán deportistas de categoría cadete, junior e senior, tanto masculinos como femininas.

A partir das 10 horas da mañá no Pabellón Municipal da localidade morañesa, os participantes tratarán de demostrar do que o son capaces no tatami. A entrada ao evento, que supón o primeiro encontro de formas libres a nivel galego, é gratuita. Con todo, pedirase ao público que se achegue que colabore solidariamente con medio quilo de alimentos non perecederos co obxectivo de recaudar unha cantidade que permita daquela ser repartida entre as persoas con menos recursos.

No evento xuntásense deportistas das distintas partes de Galicia como Lugo, Ourense, Pontevedra, Poio, A Coruña,Santiago,Ferrol, Vigo ou Barro, o que sumarán másde 150 competidores.

http://www.farodevigo.es/deportes/pontevedra/2016/11/30/nicolas-medranda-sera-homenajeado-morana/1579787.html#!kalooga-14152/~Pontevedra%20~%22a%20coru%C3%B1a%22%5E0.75%20~Galicia%5E0.56

nicolas-medranda

EXPOSICIÓN DO ARTISTA FRAN REMISEIRO EN PONTEVEDRA

O próximo xoves 1 de decembro, ás 20:00 h, o artista Fran Remiseiro realizará en Pontevedra unha performance inaugural da súa exposición “De catedral en catedral”.

 Lugar: Galería ABOUT ART.

Calle Pasantería, 9, Pontevedra.

ramiseiro

 

 

 

Catro novos proxectos empresarias ocupan o viveiro de Barro-Meis

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinou este mércores no Pazo provincial a cesión de catro espazos no viveiro de empresas de Barro-Meis, propiedade da institución provincial, nas que tres emprendedores desenvolverán os seus novos proxectos empresariais en tres oficinas e unha nave. 

Deste xeito o viveiro, que foi construído no marco dun convenio de colaboración coa Fundación Instituto Cameral para a Creación e Desenvolvemento da Empresa (Fundación INCYDE), acollerá a empresa de construción “Casas Modulares de Madera S.L.”.

Tamén acollerá á empresa de fabricación de mollos e conservas vexetais e á elaboración de marmeladas artesanais “La Mariquita de Azúcar C.B.” e, por último, a empresa dedicada ao asesoramento a persoas con actividade no rural e ás mulleres emprendedoras e profesionais do rural “AF Negocios S.L.” (esta última ocupará dúas oficinas, unha para cada unha das dúas áreas de traballo sinaladas).

A cesión do espazo foi asinada por un período dun ano, con posibilidade de prórroga ata un máximo de tres.

http://pontevedraviva.com/xeral/32546/cuatro-nuevos-proyectos-empresarias-vivero-barro-meis/

diputacion

 

Barro aforra 10.000 euros para a SGAE

la voz
O Concello leva sen abonar dereitos de autor pola Festa do Viño desde o 2009
O orzamento presentado polo Concello para este 2017 conxelará taxas e impostos, e realizará unha bonificación do IBI do 50 % a familias numerosas. Ascende a 2.438.000 euros, e si non fóra por un pequeno detalle, todo parecería perfecto.

O Goberno local descubriu, recientemente, unha nova débeda herdada da anterior administración, que obrigou a desprazar algo máis de 10.000 euros do orzamento a un fondo de contingencia para facerlle fronte. De que se trata? Do pago por dereitos de autor referidos ás actuacións das orquestas da Festa do Viño desde o ano 2009 ata o 2015. A entidade xestora, denunciou ao Concello por iso.

«Aínda estamos a espera dá cifra definitiva a pagar, por iso xa apartamos destes cartos do presuposto», explica o alcalde de Barro, Xosé Manuel Abraldes. Ao parecer, o ano pasado, membros da SGAE presentáronse nas dependencias do concello local para comunicar ao goberno como non recibisen os ingresos correspondentes ás últimas Festas do Viño celebradas. Abraldes dixo que estudaría o caso, debido á imposibilidad de realizar un pago sen antes comprobar toda a documentación necesaria e comprobar a existencia de tal débeda. «Nunca tiveramos constancia disto ata ese momento. Posteriormente presentaron o requirimento xudicial e ata hoxe. Ao parecer viñeran xa non 2013 pero non obtiveron resposta algunha dá alcaldía, e entón, dende esa primeira reclamación oficial, poden reclamar dende ou 2009 en adiante. Cabo dicir que non 2016 si se pagou».

Unha desagradable sorpresa

Desde o Concello destacan que non teñen ningún problema á hora de pagar o debido á SGAE, e que a sorpresa de atoparse cunha nova débeda, «non recollida en ningún sitio» supón a realización de axustes no orzamento de 2017. Ademais diso, tamén supuxo unha importante carga de traballo á hora de solicitar información entre as facturas das celebracións anteriores, para poder aportar algo de luz a todo o asunto.

Polo momento, haberá que esperar ao acordo definitivo e a cifra final que o Concello deberá aportar á sociedade de autores. En 2016, as actuacións da Festa do Viño roldaron os 1.400 euros.

Doutra banda, o alcalde de Barro anunciou que nos novos orzamentos se priorizou o mantemento de servizos sociais, «por desgraza seguen sendo moitas as familias que precisan de axuda». Tamén se centrarán en mellóra de servizos básicos, así como na contribución, dentro das posibilidades do Concello, á promoción económica e á creación de emprego e dinamización social e cultural.

festa do viño