As seis parroquias de Barro gozarán dunha biblioteca itinerante

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

A Asociación As 13 rosas de Barro presentará este venres o fondo bibliográfico ‘Casares image001-2Quiroga’, un proxecto desta entidade que ten como obxectivo crear unha biblioteca itinerante para levar polas seis parroquias de Barro.

O fondo bibliográfico estará constituído por 1.800 libros, entre eles, obras de ensaio, texto, poesía ou historia. Todos son actuais e de primeira actualidade e foron doados por entidades e editoriais. A asociación promotora destaca que as entidades doantes envorcáronse co proxecto “solidaria e altruistamente” co fin de achegar a cultura ao medio rural.

A Asociación As 13 rosas define este proxecto como unha “cadea de favores” que termina coa opción do acceso á lectura de todos os veciños de Barro, con independencia da súa localización.

O acto de presentación, previsto para as 19.00 horas deste venres 13 no centro cívico Alcalde Castor Castro, contará coa presenza do ex director da UNED en Pontevedra Gerino Calvo e a neta do poeta Celso Emilio Ferreiro.

http://pontevedraviva.com/xeral/33508/proyecto-trece-rosas-seis-parroquias-de-barro-biblioteca-itinerante/

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s