😮💨 Un enfermo de leucemia pode precisar ata 200 bolsas de sangue. 🤰Un parto que se complica pode precisar ata 10 bolsas. 🏥 Un transplante de fígado pode precisar entre 30 e 200 bolsas. 🤔 Que máis precisas saber para facerte doante de sangue?
📞 Dúbidas 900 100 828 Axencia de Doazón de Órganos e Sangue
🎥 Tes unha historia por contar? Unha visión que compartir? É hora de mostrar o teu talento detrás da cámara!
🎥Desafiámoste a crear unha curtametraxe, de 3 minutos en galego, que mostre a túa creatividade, paixón e perspectiva única.
Xa sexa drama, comedia, documental ou calquera xénero que elixas, este é o teu momento.
🎥Este ano propoñemos que empreguedes nas vosas creacións, aos seres mitolóxicos galegos que sobreviviron no folclore e na tradición oral. 👉 Que precisas?
A túa imaxinación, unha cámara (incluso a do teu teléfono é suficiente), e un equipo de amigos apaixonados polo cinema. 👉 Que hai en xogo?
Ademais da oportunidade de mostrar o teu traballo a noite o 31 de outubro, teremos premios emocionantes para as curtas máis destacadas, así que a recompensa é doce!
📅ENTREGA DAS OBRAS Prazo de presentación de solicitudes e curtas ata o 24/10/2024
O vindeiro 27 de setembro a Real Academia Galega realizará un acto para falar sobre a nosa toponímia e a súa recuperación. Será ás 20 horas no edificio do Concello de Barro.