Compartimos esta exposición que dous veciños do Concello de Barro, José Mosquera e Francisco Remiseiro,

Compartimos esta exposición que dous veciños do Concello de Barro, José Mosquera e Francisco Remiseiro,




Avisan de que este can que esta perdido por Valbón (Agudelo), por se alguén sabe quen é o dono ou o esta buscando.


O Concello de Barro elaborou a sua propia auditoria para minimizar as perdas de auga rexistradas na rede de abastecemento municipal.
O documento, que foi aprobado por unanimidade no pleno da corporación municipal, é un plan a catro anos para conseguir que as fugas non superen un promedio dun 20%, cando actualmente se situan nun 47%, como indica a propia auditoria.
Segundo o estudio, elaborado a través dunha subvención de Augas de Galicia, non todas as fugas son provocadas por roturas ou avarías senon que tamén unha gran parte son consecuencia dos consumos nom contabilizados nas instalacións públicas, como centros educativos, deportivos, Casa Consistorial, locais municipais, etc.
O Tenente de Alcalde e Concelleiro de Obras e Servizos, José Sanmartín, explica que “para revertir a situación e en base ás conclusións da auditoría, a partir do vindeiro ano, poremos en marcha un total de once medidas que pretenden, especialmente, contabilizar eses consumos das instalacións municipais”
Entre elas, o control de contadores en remoto, a renovación daqueles que teñen máis de doce anos de antigüedade, realización de campañas para busca de fugas na rede de abastecemento e colocación de reductores de presión en dúas zonas do sector de San Antoniño.
“Precisamente a elaboración desta auditoría coincidiu no tempo cunha serie de pequenas roturas encadenadas en diversos puntos da traida municipal, resoltas con inmediatez, e que están moi ligadas á alta presión da propia rede”, apunta Sanmartín.







DEPORTE ESCOLAS 2024.
XA PODEDES CUBRIR O FORMULARIO PARA COMEZAR O 7 DE OUTUBRO NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE PERDECANAI.
Formulario de inscripción:
Busca a modalidade TAEKWONDO e despois cubre o formulario.
Fíxate no horario:
BARRO LUNS DE 16 A 17H DE 4 A 7 ANOS
BARRO LUNS DE 17 A 18H DE 8 A 12 ANOS
Máis información e formulario na páxina da Deputación de Pontevedra¨: https://www.depo.gal/es/-/deporte-escolas

😮💨 Un enfermo de leucemia pode precisar ata 200 bolsas de sangue.
🤰Un parto que se complica pode precisar ata 10 bolsas.
🏥 Un transplante de fígado pode precisar entre 30 e 200 bolsas.
🤔 Que máis precisas saber para facerte doante de sangue?
📞 Dúbidas 900 100 828
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue


