D.E.P. D.MANUEL POMBO VILLAVERDE

pombo

ACCIDENTE NA PORTELA

_20170805_142520

Can perdido en Curro. COMPARTIR

_20170804_184423.JPG

SEMAN DO PATRÓN SAN AMEDIO- A PORTELA

_20170803_124017

D.E.P.DOÑA MARINA NIETO CARAMES

_20170731_151822

CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA XIX DE MARZO DE SAN JUAN DE LA RAMBLA

FB_IMG_1501272732724

ASAMBLEA XERAL DO BARRO C.F

_20170728_155153

O PP convoca 14 congresos na provincia, entre eles Barro

PORTADA faro-de-vigo

O Comité Executivo provincial do PP de Pontevedra, presidido por Alfonso Roda, aprobou onte a segunda quenda de congresos locais que se celebrará a partir de setembro e que abarcará segundo o presidente provincial os primeiros meses de 2018. Vanse a celebrar, entre outros municipios, en Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade, Barro, Vilaboa, Cuntis e Pontevedra.

Ao total de 14 citas congresuales hai que sumar os 10 cónclaves xa desenvolvidos no primeiro semestre e unha terceira convocatoria que se aprobará previsiblemente no comité executivo que se leve a cabo no outono, e que incluirá a convocatoria de máis congresos. Deste xeito nos primeiros meses de 2018 quedará completado o proceso de reestructuración que o líder dos populares apuntou a comezos de ano e que afectará a aproximadamente a metade da provincia.

MAIS INFORMACIÓN PREME NO ENLACE:

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2017/07/28/pp-convoca-14-congresos-provincia/1724214.html

pp-convoca

O alcalde de Barro pide o cambio de trazado da A-57

O alcalde de Barro, reuniuse onte co xefe da Demarcación de Estradas do Estado eabraldesn Galicia para abordar a situación do proxecto da A-57. O encontro foi solicitado polo rexidor unha vez aprobada a declaración de impacto ambiental (DIA) da estrada sen que se haxan tendo en conta as alegaciones do Concello.

Fernández Abraldes solicitará agora unha entrevista urxente co Ministerio de Medio Ambiente para aclarar por que non se tivo en conta o cambio de posición de Fomento e as alegaciones municipais. Ademais solicitará a implicación da Xunta, titular da PO-531, na defensa da posición do Concello.

 

Entrégase na Comisariá tras roubar unha furgoneta e dar esquinazo á Polícia en Curro

diario_pontevedra

“Axentes da Comisaría Provincial detiveron este xoves a un mozo de apenas 20 anos de idade, veciño da cidade do Lérez, como autor dun suposto delito de roubo de vehículo, logo de subtraer unha furgoneta de repartición en Cambados, dar esquinazo á Policía Local da localidade do Albariño, que lle perseguiu ata Curro (Barro), e acabar entregándose nas dependencias policiais da Boa Vila, na rúa Joaquín Costa.

Os feitos que concluíron co arresto do citado novo pontevedrés iniciáronse na poboación do Salnés na tarde do mércores, cando membros do corpo de axentes municipais da citada vila recibiron o aviso da subtracción dunha furgoneta de repartición que incluía unha detallada descrición da mesma.

Coa información de que o presunto ladrón podería tomar a ruta que conduce a Pontevedra, os policías de Cambados avistaron ao suposto caco ao volante da furgoneta nas inmediacións da ITV de Barro. Nese instante iniciouse a persecución, que concluíu cando o agora detido penetrouse por un camiño e abandonou o vehículo co motor en marcha, sen o freo de man e co seu teléfono móbil no interior. Na súa fuxida estivo a piques de ser retido por un cidadán da zona, pero finalmente conseguiu escapar.”

PREME NO ENLACE PARA MAIS INFORMACIÓN:

http://diariodepontevedra.galiciae.com/gl/nova/735399/entregase-na-comisaria-tras-roubar-unha-furgoneta-e-dar-esquinazo-policia-en-curro

CURRO

O BNG de Barro celebra os dous anos de mandato

O BNG de Barro celebrou  unha cea aberta aos veciños do concello con motivo dos dous anos de chegada de Xosé Manuel Abraldes á alcaldía do goberno municipal, mais de  300 persoas asistiron ao evento no que participou a portavoz nacional da formación política, Ana Pontón.

A máxima responsable do BNG sinalou que os gobernos municipais da formación nacionalista son os que marcan a diferenza en Galicia e engadiu que “o BNG sabe mellorar a vida das persoas e transformar os lugares”,“Hai xente que pensa que as institucións son súas, e nós cremos que estamos alí de paso, para servir e axudar a facer concellos mellores”.

Pola súa banda, Xosé Manuel Abraldes sinalou que en dous anos cambiáronse as dinámicas sociais de Barro, facendo unha aposta pola calidade de vida da xente e implicar a todos os colectivos sociais a través dunha política de participación e transparencia “Logo de 32 anos, houbo un cambio de rumbo. Chegamos. Con transparencia. Queda moitísimo por facer, e Todo o que resolvemos foi grazas a un feixe de persoas que nos están botando unha man. Todo o equipo de goberno merece o meu agradecemento, e por suposto a toda a xente do BNG, ás dúcias de voluntarios/as que nos axudan nas actividades que organizamos no concello.
Agora hai dinamismo en Barro, actividades, movemento, as veciñas/os coméntannos que xa non teñen que ir a Caldas e a Pontevedra a reallizar calquera actividade ou a ocupar o seu tempo de ocio. En definitiva, Barro está en marcha”.

Á cea asistiron concelleiros nacionalistas do Concello de Pontevedra como Anxos Riveiro, Luís Bará e Demetrio Gómez.

 

DESCUBRE UNHA RUTA CON ENCANTO E OBSERVA AS ESTRELAS

estrelas barro
Ruta de sendeirismo e o visionado de estrelas dende o monte Chan. Inscrición na OMIX, o prazo ata mañá 27 ás 14:00h.
Mais información no 690722812.

Un novo accidente en San Antoniño

Ayuntamiento de Barro

PORTADA faro-de-vigo
Un novo accidente de circulación, rexistrado na tarde do pasado luns na estrada N-550 á entrada do núcleo de San Antoniño, ha reactividado a vella reivindicación do Concello de Barro ante o Ministerio de Fomento para que se execute unha rotonda no cruzamento deste vial co que conduce á Portela. O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, recordou onte que esta petición foi formulada en varias ocasións á Demarcación de Estradas, sen éxito.
En febreiro pasado Abraldes xa trasladaba estas demandas á subdelegada do Goberno e aos responsables de Estradas do Estado para abordar este e outros problemas de seguridade vial na N-550 ao seu paso polo núcleo de San Antoniño.
Nesta reunión o regidor urgió aos responsables de Estradas a executar canto antes a solución para o cruzamento cara á Rúa Areal. Ao seu xuízo, este cruzamento representa un perigo diario para todos os vehículos que deben acceder a Rúa Areal e As Baladas, o tanatorio e aos lugares de Valbón e Lardoeira.
Outro dos puntos conflictivos para a circulación en San Antoniño é o cruzamento da N-550 coa estrada provincial PO-0506 entre Portela e Curro.
accidente barro

 

 

PORTADA faro-de-vigo
Un novo accidente de circulación, rexistrado na tarde do pasado luns na estrada N-550 á entrada do núcleo de San Antoniño, ha reactividado a vella reivindicación do Concello de Barro ante o Ministerio de Fomento para que se execute unha rotonda no cruzamento deste vial co que conduce á Portela. O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, recordou onte que esta petición foi formulada en varias ocasións á Demarcación de Estradas, sen éxito.
En febreiro pasado Abraldes xa trasladaba estas demandas á subdelegada do Goberno e aos responsables de Estradas do Estado para abordar este e outros problemas de seguridade vial na N-550 ao seu paso polo núcleo de San Antoniño.
Nesta reunión o regidor urgió aos responsables de Estradas a executar canto antes a solución para o cruzamento cara á Rúa Areal. Ao seu xuízo, este cruzamento representa un perigo diario para todos os vehículos que deben acceder a Rúa Areal e As Baladas, o tanatorio e aos lugares de Valbón e Lardoeira.
Outro dos puntos conflictivos para a circulación en San Antoniño é o cruzamento da N-550 coa estrada provincial PO-0506 entre Portela e Curro.
accidente barro

Accidente na gasolinera da Portela

Os bombeiros de Ribadumia e Pontevedra colaboraron esta tarde no rescate do condutor dun camión comercial que envorcou nunha das gasolineras da Portela, en Barro, na PO-531, en sentido de Pontevedra a Vilagarcía. O suceso ocorreu ás 16.05 horas, segundo informou o 112. O condutor, que era o único ocupante do camión, resultou ferido aparentemente leve, aínda que os danos na cabina foron cuantiosos.

_20170724_161159