Botan a andar as Deporte Escolas 2017-2018. A Deputación abre o prazo de inscrición

Xa está aberto o prazo de inscrición para “DEPOrte Escolas“, coas que a Deputación de Pontevedra pretende iniciar no deporte aos nenos e nenas de entre cinco a quince anos de toda a provincia. Para este curso 2017-2018 as modalidades que ofertará de maneira totalmente gratuíta o programa da institución provincial son balonmán, fútbol, taekwondo, patinaxe, judo, rugby, marcha, piragüismo e baloncesto.

No pasado curso, as “DEPOrte Escolas” sufriron un cambio moi importante, converténdose en máis participativas, transparentes e respectando máis a autonomía dos concellos e non competindo coas escolas municipais. O resultado foi moi satisfactorio para a Deputación de Pontevedra, xa que puideron beneficiarse deste programa máis de 10.000 nenos e nenas da provincia, o que supuxo un incremento de preto de 500 prazas respecto ao curso 2015/2016. Concretamente, os deportes máis practicados nas “DEPOrte Escolas” durante o pasado curso foron o balonmán, con 2.700 nenos e nenas, e o piragüismo, con 2.000 participantes.

Para este curso 2017/2018 haberá actividades en 50 concellos da provincia. Máis polo miúdo, os concellos que durante esta temporada terán actividades das “DEPOrte Escolas” serán A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño, Tui, Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Valga, As Neves, Mondariz, Ponteareas, Agolada, Lalín, Rodeiro, Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Arbo, Crecente, A Cañiza, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Vilaboa, Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Forcarei, Baiona, Fornelos de Montes, Godomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior e Vigo.

O formulario de inscrición pódese descargar na páxina web da Deputación de Pontevedra e deberase entregar en calquera dos rexistros da Deputación, nas oficinas do ORAL ou a través de deportes@depo.es.

https://www.depo.es/web/edepo/-/noticia-botan-a-andar-as-deporte-escolas-2017-2018-a-deputacion-abre-o-prazo-de-inscricion

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s