DESTAPA O ENTROIDO “RUTA DE TAPAS”

FB_IMG_1516977723795

EXPOSICIÓN IMAXES NO TEMPO

FB_IMG_1516977869142

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

_20180126_072216

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

Oferta de Emprego:

MECÁNICO DE COCHES EN BARRO (PONTEVEDRA)

Requisitos:
– Experiencia.
– Incorporación inmediata.

Interesados enviar C.V. ao email: info@fastbike.es

foto-nave-fastbike-taller-0

CONTRATACIÓNS DE TRABALLADORES NO CONCELLO DE BARRO

Estas son as categorías que o Concello vai contratar ao longo do ano 2018. As contratacións faranse entre aqueles candidatos/as que nos remita a oficina de emprego para cada unha das categorías, seguindo os criterios que marca a Deputación de Pontevedra no seu Plan de Emprego.

FB_IMG_1516899511483

Calendarios Saudables en Barro

O Concello de Barro entregou ao alumnado dos centros educativos os Calendario Saudables 2018. Estes almanaques son o resultado das actividades Valores en Saúde 2.0 e do Certame de Debuxos, levadas a cabo o pasado curso polos escolares de Primaria. Os doce traballos premiados ilustran o calendario.
amor ruibal

JOSE SANMARTIN E ROCÍO TOURIÑO REPITEN COMO SECRETARIO XERAL E DE ORGANIZACIÓN DO PSOE DE BARRO MENTRES QUE O HISTÓRICO JOSÉ LUIS ABAL É O NOVO PRESIDENTE DA AGRUPACIÓN.

José Sanmartín e Rocío Touriño foron reelexidos como Secretario Xeral e Secretaria de Organización, respectivamente, no Congreso Local que designou a nova Comisión Executiva Municipal

A única candidatura, presentada polo actual tenente de alcalde de Barro,  foi aprobada por unanimidade e tamén elexiu ao histórico José Luis Abal como novo Presidente da Agrupación.

José Sanmartín continúa como secretario xeral e tamén dirixirá as áreas de Política Municipal e Acción Electoral, mentres que Rocío Touriño repite como secretaria de Organización e asume ademáis as áreas de Formación e Administración.

A Comisión Executiva complétase con Luis Miguel Castro na Secretaría de Urbanismo, Silvia Torres en Educacion e Cultura, Celestino Piñeiro na área de Deporte, Margarita Canay Pintos en Sanidade e Igualdade, Miguel Coejo e Julio César Constenla comparten as áreas de Medio Rural e Medio Ambiente e Irene Gómez Señoráns asume a secretaría de Servizos Sociais.

Asimesmo, intégranse nos órganos executivos: Francisco José Pérez Vázquez na Secretaría de Economía e Facenda, Lía Digna Rodríguez Barros en Promocion Económica, Turismo e Emprego, Silvia Sabarís en Acción Social e Pury González na área de Comunicación e Redes Sociais.

Ademáis, o Congreso Local aprobou o informe de xestión da dirección saínte destacando a consecución do goberno local en coalición, quedando só a 23 votos de obter a terceira acta de concelleiro , e o notable crecemento da militancia.

A nova Executiva Socialista de Barro seguirá traballando para mellorar a vida dos veciños e aumentar o número de concelleiros nas próximas elección municipais.

A asemblea do Congreso Local socialista de Barro contou tamén coa presencia da vicesecretaria provincial, Paula Fernández, que clausurou a asemblea.

_20180124_220050

 

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

OFERTA DE EMPREGO Empresa contratante: Viña Moraima, S. Coop. Galega Porráns nº1-baixo 36191-Barro (Pontevedra)

Descrición: buscamos para o noso departamento de administración unha persoa para dar apoio neste ámbito. As principais funcións a desempeñar, son: entrada e saída de facturas; control e saída de pedidos; control e supervisión de contas; arquivo de documentos; atención telefónica e persoal a clientes e provedores; xestión de documentación; realización de xestións fóra das dependencias da empresa; e similares.

Condicións: 24 horas semanais, de luns a sábado en horario de mañá; salario segundo convenio. Incorporación inmediata. Requisitos: – estudos mínimos de FP1, Educación Secundaria ou análogo. – galego e español: nativos; dominio de inglés escrito e falado. – dominio de administración en xeral. – usuario avanzado en ferramentas informáticas e programas de facturación.

Valorarase: – carné de conducir B2 e vehículo propio. – facilidade de traballo en equipo. Interesados envíar CV a: rrhh@adegamoraima.com

MORAIMA

 

La Guardia Civil tiene cinco patrullas nocturnas para un territorio seis veces mayor que todo Vigo

Se buscan cajas de zapatos

Calendario Laboral de Barro 2018

FESTIVOS LOCAL.

15 DE XUÑO FESTA DO VIÑO

5 DE OCTUBRO SAN BREIXO

calendario laboral barro 2018

A ruta entre Barosa e Segade estará lista na primavera

A ruta de senderimo entre Barosa e Segade estará lista para estrearse na próxima primavera. Polo menos esas son as previsións do Concello de Caldas, un dos concellos que traballa xunto a Barro, Portas e a Deputación de Pontevedra no trazado turístico.

Hai uns días, representantes das administracións locais reuníronse coa Deputación para avanzar o proxecto que, nun principio ía levar a cabo a finais do pasado verán. Con todo, diversos atrasos e a chegada do mal tempo fixo que se preparase con máis calma aproveitando estes meses de inverno.

Deste xeito, a idea é estrear a ruta en abril. A día de hoxe, a señalética está practicamente rematada e simplemente queda por valorar que elementos entran a formar parte dunha ruta que quere converterse en referencia turística na comarca.

Un destes elementos rechamantes para os senderistas podería ser o Petróglifo dá Pedra dá Bancada, que desde o medievo marca o límite dos municipios de Caldas, Portas e Moraña e está situado na parroquia de Arcos dá Condesa.

Outro dos enclaves de interese será, presumiblemente, o taller de campaneros, tamén situado en Arcos dá Condesa, que funciona desde 1630 e dedícase a elaborar campás de modo artesá a través de barro, leña e bronce.

Así mesmo, os senderistas tamén se poderán atopar cunha antiga estación meteorolóxica xa en desuso que terá “un gran carácter didáctico” sobre todo para os mozos, así como as adegas de viño Albariño situadas na ruta cos seus correspondentes viñedos.

A inclusión final ou non destes puntos dependerá da valoración que os responsables fagan do seu estado e conveniencia para encaixalo dentro da ruta.

Doutra banda, o estado do trazado é “bo” e aguantou ben os peores meses en canto a meteoroloxía. Este carreiro natural iniciarase na parte alta de Barosa, que será un dos únicos tramos cunha lixeira pendente duns 300 metros. O outro será tamén na outra punta, xa na fervenza de Segade. O resto da ruta carecerá de costas para facela accesible para todo tipo de persoas.

MAIS INFORMACIÓN PREME NO ENLACE:

http://galego.farodevigo.es/portada-pontevedra/2018/01/23/ruta-barosa-segade-estara-lista/1824639.html

BAROSA SEGADE

 

 

O paro sobe un 4.51 % durante DECEMBRO en Barro

_20180122_222102Segun os datos publicados polo SEPE no mes de Decembro o número de parados subiu en 13 persoas. Das 13 persoas novas en de a lista do paro en Barro aumento en 18 homes e descendio en 5 mulleres.

O numero total de parados é de 301, dos cales 141 son homes e 160 mulleres.

As persoas maiores de 45 anos con 149 parados son o grupo de idade mais afectado polo paro, seguido dos que se atopan entre 25 e 44 anos con 133 parados, o grupo menos numeroso son os menores de 25 anos con 19 parados.

Por sectores vemos que no sector servizos é onde maior numero de parados existe no municipio con 202 persoas, seguido da industria con 29 parados, a construción con 27 parados, a agricultura con 24 parados e por ultimo as persoas sen emprego anterior con 19 parados.

XUNTANZA INFORMATIVA COS COMERCIANTES

Mañá ás 16:00h. no Centro Cívico, a Concellería de Promoción Económica, Emprego e Turismo organiza unha xuntanza informativa para todos os hosteleiros/as e comerciantes de Barro.

FB_IMG_1516655429024

CURSO DE CARRETILLERO EN BARRO

_20180122_195034