Na doazon de sangue realizada o xoves en Barro houbo 28 doazóns en total, das cales duas correspondíase a dous que doaban por vez primeira. Moitas grazas.

Na doazon de sangue realizada o xoves en Barro houbo 28 doazóns en total, das cales duas correspondíase a dous que doaban por vez primeira. Moitas grazas.

Chega a Barro o Festisol (Festival Solidario Galicia), unha cita fundamental para apoiar a Edgar, un bebé ourensán que precisa de diñeiro para pagar uns audífonos. Celebrarase ás 21.00 horas no Pazo da Crega.
O festival conta coas actuacións de Ana Angueira, Zanfoneiros sen fronteiras, Son das Tabernas e Santi Barreiro DJ, ademais de animación, actuacións infantís e gastronomía.
A entrada custa 3 euros, os menores pasan gratis ao recinto. As entradas pódense adquirir na Cafetería Praza, de Barro ou no Bar Almirante, de Pontevedra. O evento está organizado pola Taponeta Solidaria, unha iniciativa encabezada por Enrique Magdalena, apoiada por Fundación Amigos de Galicia.
Aquelas persoas que queiran colaborar coa causa de Edgar, poden achegar donativos a través dunha Fila Cero. O número de conta é ES55 2080 5075 1730 4003 4704.
O neno de seis meses padece hipoacusia conxénita bilateral moderada severa e necesita uns audífonos que teñen un custo subvencionado pola Seguridade Social, pero non na súa totalidade. O custo é tan elevado que a familia non pode facerse cargo.





Organizado pola Asociación Barosa, será o Luns ás 20:30 hora no Centro Cívico de Barro e tomarán a palabra Pilar Allegue, profesora da Universidade de Vigo, e María Obelleiro, directora do semanario Sermos Galiza.
O DIARIO GALEGO defenderá os intereses galegos e estará escrito na lingua propia de Galiza. Será un medio de comunicación nacional, profesional e colaborativo que proporcionará información xeral.

A inscrición no obrdoiro de CONTOS CON OBXECTOS estará aberta ata o venres 1 de xuño. A inscrición e gratuita. Mais información no 690722812/986714806.


Diario de Pontevedra 
“As mans de Barro”, mostra dos traballos realizados por Celso García Alonso. Dende o luns 21 de maio e ata o 8 de xuño, a inauguración da exposición realizarase este luns día 21 ás 20:30 h na sala do 2ª andar do Concello de Barro, con entrada libre.
Mais información na OMIX 690722812/986714806


Xa se poden entregar nas oficinas do Concello, os viños para o concurso de viño de colleiteiro.


O governo municipal de Barro vai dedicar 35.000 euros en tarefas de limpeza e reparación do firme de pistas por todo o concello.
Está prevista a contratación dunha empresa externa para a roza de máis de 30 quilómetros de viais.
Finalmente procederase ao reforzo e reparación do firme das pistas municipais, deterioradas polas choivas deste inverno, tanto co bacheo como coa reparación integral do firme nos treitos onde sexa necesario.
