Cita solidaria no Festisol de Barro para axudar a Edgar, un neno que precisa audífonos

Chega a Barro o Festisol (Festival Solidario Galicia), unha cita fundamental para apoiar a Edgar, un bebé ourensán que precisa de diñeiro para pagar uns audífonos. Celebrarase ás 21.00 horas no Pazo da Crega.

O festival conta coas actuacións de Ana Angueira, Zanfoneiros sen fronteiras, Son das Tabernas e Santi Barreiro DJ, ademais de animación, actuacións infantís e gastronomía.

A entrada custa 3 euros, os menores pasan gratis ao recinto. As entradas pódense adquirir na Cafetería Praza, de Barro ou no Bar Almirante, de Pontevedra. O evento está organizado pola Taponeta Solidaria, unha iniciativa encabezada por Enrique Magdalena, apoiada por Fundación Amigos de Galicia.

Aquelas persoas que queiran colaborar coa causa de Edgar, poden achegar donativos a través dunha Fila Cero. O número de conta é ES55 2080 5075 1730 4003 4704.

O neno de seis meses padece hipoacusia conxénita bilateral moderada severa e necesita uns audífonos que teñen un custo subvencionado pola Seguridade Social, pero non na súa totalidade. O custo é tan elevado que a familia non pode facerse cargo.

http://pontevedraviva.com/xeral/46311/festisol-festival-solidario-taponeta-solidaria-edgar-audifonosos/

5b0fee6dd5-festisol

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s