MÚSICA NOS ESTANTES

FB_IMG_1529660916834

IMOS REGUEIFAR

FB_IMG_1529608340101

D.E.P.DOÑA JOSEFA ARES EIRÍN

_20180620_090516

FESTA HOLI NO IES DE BARRO

Este mércores Festa Holi para todo o alumnado do IES de Barro.

FB_IMG_1529401542248

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

_20180618_224927

BARRO A TRAVES…

FB_IMG_1529334657734

APROBADAS ACTUACIÓNS NO PATRIMONIO HISTÓRICO

_20180617_163851

O MAGO ANTÓN EN BARRO

O venres 15, dende as 12 da mañán, teremos no entorno do Pazo ao Mago Antón co seu espectáculo A volta a Galicia en 313 concellos. Haberá sesións ás 12:00, 13:00 17:00, 18:00, 19:00 e 20:00horas. Acceso limitado ate completar o aforo.

FB_IMG_1528969507308

CHARLA INFORMATIVA DA PARCELARIA CURRO – PORTELA

Charla informativa da parcelaria de Curro-Portela e entrega de boletíns coa relación de parcelas declaradas por cada titular, o mércores dia 20 na Biblioteca Pública.
A partir das 10:00h da mañán.

FB_IMG_1528899650781

Barro recibe da Deputación fondos para a reparación do depósito de augas municipal

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante resolución presidencial, un novo investimento no concello de Barro ao abeiro da liña 1 do Plan de Concellos 2018. Trátase esta vez dunha axuda de 22.908,06 euros para a reparación do depósito de augas municipal.

Ademais destas cantidades, o Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para este concello da comarca de Pontevedra. En concreto, 169.967,36 euros para o financiamento da piscina pública municipal en Outeiro e a pavimentación e dotación de servizos na EP 0505 N-550 Igrexa-Perdecanai (Barro).

A Deputación de Pontevedra tamen adxudicou 38.930,61 euros para a limpeza de cunetas e vías municipais no concello, o reforzo e reparación de viais municipais, a Festa do Viño e a limpeza de pistas no ámbito de Barro. Outros 96.713,18 euros foron destinados á contratación de 13 traballadores que están a desempeñar funcións no concello.

Ata este momento, o Plan Concellos 2018 xa entregou 328.519,75 euros do total destinado a Barro, isto é, o 44.82 %.

5ac66c0a3f-lrm_export_20180405_132034

A nova depuradora primeiro paso no saneamento integral de Barro

A construción da nova depuradora de Perdecanai é, segundo destaca o Concello de Barro, o primeiro paso na planificación feita polo goberno municipal para avanzar no saneamento integral de todo o municipio.

A este respecto, o Concello solicitou aos posibles interesados a oferta de terreos para a construción desta infraestrutura, que daría servizo ademais de a esta parroquia a outros lugares das de Agudelo, Barro e Valiñas.

Con este obxectivo, foi elaborado un estudo técnico no que se propoñen as distintas solucións cos emprazamentos para a construción de novas depuradoras e conseguir, desta maneira, que este servizo público poida chegar a todas as parroquias do concello.

O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, considera que o estudo técnico encargado polo goberno municipal é un documento fundamental para dotar con este servizo público a todos os lugares do concello dunha maneira “planificada e coherente”.

O primeiro paso é a consecución dos terreos para esta nova depuradora, que cumprirá un papel central no saneamento de varias parroquias do concello.

Unha vez se teñan estes terreos vaise elaborar un anteproxecto deste novo equipamento, co que facer as xestións para conseguir o financiamento que permita a súa execución.

Neste momento son poucos os lugares do concello que dispoñen de saneamento e, a pesar de que o goberno municipal leva investido máis de 300.000 euros nestes tres anos, o que serviu para que máis veciños se puideran conectar á rede de sumidoiros, as depuradoras existentes “non son suficientes para unha solución global en todo o concello”.

http://pontevedraviva.com/xeral/46561/nueva-depuradora-perdecanai-primer-paso-saneamiento-integral-barro/

abraldes

 

XXXIX FESTA DO VIÑO DE BARRO

programacion-festa-do-vino-barro-2018

FELIPE REA LEVA O NOME DO CONCELLO POR TERRAS CANARIAS

_20180612_164610

👏⚽ 🏆O BARRO C.F FEMININO CAMPIOAS DA COPA 2018 🏆⚽ 👏

Barro C.F.
Senior feminino de Fútbol Sala.
Campioas de Copa 2018

FB_IMG_1528578631974
FB_IMG_1528304652615

PROGRAMA DA FESTA DO VIÑO DE BARRO 2018

FB_IMG_1528393102261