José Sanmartín proclamado como candidato á alcaldía

O secretario xeral dos socialistas de Barro, José Sanmartín, foi proclamado como candidato á alcaldía do municipio tras recibir o apoio unánime da agrupación na asemblea extraordinaria celebrada este xoves.

A presentación pública da súa candidatura terá lugar o próximo 18 de novembro ás 20 horas nun acto aberto á cidadanía que se celebrará na Praza do Viño ou no Centro Cívico, en función das condicións meteorolóxicas.

Tralo acto de presentación, terá lugar unha cea de confraternidade nun  establecemento da hostelería local do que se informará con detalle nos próximos días.

Sanmartín agradeceu “a confianza depositada polos compañeiros e compañeiras da agrupación” co obxetivo de “volver a gobernar Barro” tras unha lexislatura na que “se botou moito en falta a presencia socialista nas políticas municipais”.

Neste sentido, Sanmartín comprometeuse a asumir o reto “coa máxima ilusión e con máis gañas de traballar que nunca para que Barro medre en servizos e sexa un lugar mellor para vivir”

1 thoughts on “José Sanmartín proclamado como candidato á alcaldía

  1. Eramos poucos……..Non tivemos bastante con Landín e con Abraldes. Non sei porque ten que vir un cateto de Lalín a cacear aquí……Menuda prea. E cal vai a ser o novo símbolo do PSOE de Barro??? Unha ovella???

Deixa unha resposta a Fran Cancelar a resposta