SOS Desaparecidos solicita a difusión da fotografía dunha moza de 17 anos desaparecida en Barro o mércores 24 de agosto.
A menor chámase Lucía Rodríguez Castiñeira. Mide 1,65 metros de estatura, é de complexión delgada cun peso de ao redor de 52 quilos. O pelo é longo e ondulado, de cor castaña; e os ollos son marróns, segundo os datos ofrecidos pola asociación.
SOS Desaparecidos solicita a quen a vira ou teña información que poida ser de interese chame á Garda Civil (062); á Policía Nacional (091); ao servizo de Emerxencias (112) ou ao SOS Galicia a través dos teléfonos 642.650.775 e 649.952.957.
