Adxudica por 91.431,64 euros as obras de adecuación da intersección no San Antoniño

O Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana ( Mitma) adxudicou, por un importe de 91.431,64 euros, o contrato de obras de “Adecuación de intersección en San Antoniño. N-550. P. K. 107+230” no termo municipal de Barro, provincia de Pontevedra.

Con estas obras a estrada mellora a súa sección transversal, xa que se dispoñerán carrís centrais e habilitarase un lugar para realizar cambios de sentido, coa consecuente mellora na seguridade viaria.

Esta actuación inclúese dentro do programa de conservación e mantemento da Rede de Estradas do Estado, no que se investiron máis de 43 millóns de euros desde xuño de 2018 na provincia de Pontevedra, e que xera un impulso significativo para mellorar a calidade de servizo da infraestrutura viaria estatal existente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s