Un novo éxito de Fiz dentro do kickboxing no open nacional da Ribeira sacra, desta vez competindo en catro modalidades e conseguindo tres pratas e un ouro .
O pavillón Luíntra reuniu onte a competidores de escolas nacionais e portuguesas desde as 8:00 ata as 20:00 horas.
O Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra forma parte do calendario nacional deste deporte. Unha proba que superou os 140 rexistrados da edición anterior e no que se puido gozar coas probas de “ Point Fighting”, “ Lightcontact”, “ Kicklight”, “ Mockcombat”, “ Kickboxing inclusivo”, “ Lowkick”, “ K1 style”, “ Full Contact” e “ Muaythai”.
