O próximo martes 30 de novembro ás 18:00h realizarase a través do Proxecto de prevención das condutas adictivas no eido local de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas un Obradoiro de 𝗣𝗥𝗘𝗩𝗘𝗡𝗖𝗜Ó𝗡 𝗗𝗢 𝗔𝗕𝗨𝗦𝗢 𝗗𝗔𝗦 𝗡𝗢𝗩𝗔𝗦 𝗧𝗘𝗖𝗡𝗢𝗟𝗢𝗫Í𝗔𝗦 𝗗𝗘𝗡𝗗𝗘 𝗔 𝗙𝗔𝗠𝗜𝗟𝗜𝗔, destinado ás familias do alumnado de Educación Primaria (o 14 de decembro realizarase un Obradoiro semellante destinado ás familias do alumnado da ESO).
Con este Obradoiro preténdese complementar as actividades preventivas que nos últimos anos se veñen realizando no ámbito escolar co obxectivo de previr os riscos e o abuso das novas tecnoloxías na xuventude, seguindo así, as directrices marcadas polo Pan Nacional sobre drogas e polo Plan autonómico de drogodependencias e condutas adictivas de Galicia. Nos que se lle da cada vez máis protagonismo ás intervencións preventivas relacionadas coas novas tecnoloxías, destinadas fundamentalmente ao ámbito escolar e familiar.
Por mor das circunstancias xeradas pola COVID-19, e para facilitar a coordinación coas familias dos cinco concellos o obradoiro será virtual, utilizando a plataforma Zoom, Sala de Reunión 657 806 3555 (ID).
(Necesario ter descargada a aplicación Zoom no dispositivo dende o que se acceda ao Obradoiro (móbil, Tablet, ordenador…)) Ver menos
