Fonte: Nota de prensa.
En Barro a 21 de Febreiro de 2021
O grupo Socialistas de Barro lanza unha campaña dende a oposición para apoiar ao sector do comercio cun sorteo de vales compra a través dun vídeo na páxina de Facebook de Socialistas de Barro.
Durante a segunda onda da pandemia, Barro viuse máis afectado pola súa situación xeográfica, ser limítrofe con Pontevedra, que polo número de casos positivos.
No mes de novembro incomprensiblemente fóronlle impostos peches perimetrais e restriccións na hostelería cunha incidencia a 14 días de entre 1 e 9 casos.
Tras un paréntese duns días, en decembro volveron a limitación de mobilidade e as restriccións horarias, aquí sí con repunte de positivos, chegando a unha situación grave a mediados de decembro, cunha incidencia de 1000 casos por 100.000 habitantes.
O comercio de Barro, que se nutre en gran medida de clientes doutros municipios, estase vendo, en moitos casos, moi perxudicado polas restriccións sanitarias.
“Nos somos conscientes de que as medidas hai que tomalas para sair canto antes e da mellor maneira posible desta pandemia.
O que pretende o grupo Socialista con esta campaña é apoiar ao comercio local usando fondos propios da agrupación para un sorteo de 4 vales de 25 euros a gastar nos establecementos comerciais de Barro.”, explica o portavoz do grupo socialista, José Sanmartín.
Ésta campaña repetirase coa hostelería e coas empresas profesionais, como talleres, carpinterías e industria en xeral.
“Dende o minuto un desta pandemia os Socialistas, e concretamente o noso voceiro Jose Sanmartín, intentamos colaborar en todo o que podemos dende unha oposición constructiva, que en momentos de crisis como ésta debe aflorar mais sen personalismos nin partidismos.
Seguiremos apoiando a todos os sectores con sentido común é crítica constructiva”.
*Podedes ver o vídeo na páxina de Facebook Socialistas de Barro