ENTROIDO NA CASA
BASES
I CONCURSO DE DISFRACES EN LIÑA
CONVOCATORIA
O Concello de Barro, con motivo do Entroido 2021, convoca un concurso de disfraces para persoas empadroadas no Concello de Barro, establecendo dúas categorías: individual e grupos convivintes.
TEMA
Entroido na casa.
PARTICIPANTES
As persoas que queiran participar neste concurso enviarán as fotografías dos seus disfraces ao correo electrónico omix@barro.gal desde o xoves 11 de febreiro até o mércores 17 ás 12:00 da mañá.
A dinámica do concurso é moi sinxela. Elixirase mellor disfrace ao que leve mais “GÚSTAME”, “ENCÁNTAME” na fotografía que estará colgada na páxina Facebook da ÓMIX de Barro.
Importante: Para poder colgar as fotos nas redes, xunto coa fotografía, tamén enviaredes a ficha de inscrición cuberta( ANEXO I) á ÓMIX de Barro omix@barro.gal
PREMIOS E CATEGORÍA
Os premios consistirán nun vale para consumir nos establecementos hostaleiros do Concello de Barro polos seguintes valores:
INDIVIDUAL
1º-: 80 €
2º: 60 €
3º: 40 €
GRUPO CONVIVINTES
1º : 100€
2º : 80€
3º: 40€
ELECCIÓN DAS PERSOAS GAÑADORAS
Será a poboación xeral a encargada de elixir as fotografías gañadoras.
As fotografías publicaranse na páxina de Facebook da ÓMIX do Concello de Barro o 18 de febreiro.
O prazo de votación, comezará o mesmo día da publicación das fotos nas redes sociais e poderase dar “GÚSTAME”, “ENCÁNTAME” na rede social ao longo dos días 18, 19, 20, 21 e 22 de febreiro.
Ás 12:00 h do día 22 de febreiro, tomarase nota do número de “GÚSTAME”, “ENCÁNTAME” coa participación da informadora xuvenil e un concelleiro con delegación na área de xuventude ou cultura, dando fe deste feito o secretario do Concello de Barro.,
Os gañadores daranse a coñecer o 23 de febreiro nunha publicación na páxina web do Concello e nas páxinas de Facebook do Concello e da ÓMX de Barro.
ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios farase o venres 26 de febreiro, na casa consistorial.
PUBLICIDADE
Estas bases serán publicadas na páxina web do Concello de Barro www. barro.gal
A participación nesta actividade implica que autorizo ao Concello de Barro ao uso das fotografías, estas imaxes poderán ser utilizadas para:
- A realización dun álbum de recordo.
- Nos Facebooks do Concello de Barro.
- Na paxina web do Concello de Barro, así como folletos ou calquera outro soporte físico ou audiovisual co obxecto de publicidade corporativa.
https://www.barro.es/gl/web/articulos/i-concurso-de-disfraces-en-lina
