As empresas de Barro fartas das inxustas medidas adoptadas pola Xunta de Galicia en Barro

Os Comercios, Peluquerías, Empresas e Hostelería de Barro queremos poñer de manifesto a nosa repulsa polo peche perimetral que temos na actualidade e que non se sostén de ningunha maneira ao estar  Barro nunha incidencia moi moderada  durante toda a pandemia.
 Na actualidade hai entre 1 e 9 casos según datos oficiales do Sergas polo mapa que publican. 
Despois dun un mes de peche obrigado para Hostelería, unha semana de Peche Perimetral e visto que onte Non se tuvo en conta a Barro, nin se citou,  vémonos na obriga de manifestarnos con esta SEGUNDA CONCENTRACIÓN  para expoñer a nosa mais enérxica repulsa ao peche perimetral e tamén as restriccións de toque de queda as 23h. especialmente no fin de semana. 

Para hostelería os fins de semana con toque de queda as 23h  é totalmente perxudicial e unha ruina. 
Barro ao ser un sitio de paso e situado estratéxicamente , aquí  veñen moitas persoas de fóra do concello a mercar e consumir  e queremos que así siga sendo. Verducido, Briallos, Mosteiro, Moraña, Ceroponzóns, a Devesa son parroquias limítrofes que mercan moito en Barro e ao Non poder vir perxudican moitisimo as ventas e en especial nestas datas. 
Vamos poñer varios exemplos de perxuicio para os negocios. 
Onte Non pudo vir a súa cita nunha peluquería un neno de Portas e xa van duas veces que a cancela por Non poder desplazarse. 
Onte anularon varias ceas para Raxofesta no finde por non poder vir debido peche perimetral. 
Outro local de hostelería estaba pechado ás 21:00 Ése local sempre ten moitas xente e leva dende que ten toque de queda nesa situación. 
E así Moitisimas mais situacións que afectan a todos os negocios. 
Os comerciantes e hosteleiros en xeral cumplimos a normas estrictamente e tamén velamos porque nos nosos establecementos así suceda. Somos os primeiros en querer que ésto remate e para éso queremos ser parte da solución e non o problema. 

Por éso esiximos. 
Barro Libre Xa!! 
Barro Sen peche perimetral Xa!!! 
Peche perimetral NON!! 
Apertura Xa !!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s