Onte celebrouse a reunión que o alcalde de Barro Xosé Manuel F. Abraldes lle pedira á conselleira Ethel Vázquez para tratar da inseguridade no treito da PO-531 entre a Igrexa de Curro e a entrada para o polígono e pedirlle medidas de calmado de tráfico e a mellora da circulación peonil, tendo en conta que nesa zona, onde se encontra a igrexa parroquial é moita a xente que se move.
A Conselleira comprometeuse a estudar estas propostas, empezando polas de calmado do tráfico e a posiblidade de habilitar un treiro de beirarrúa que mellore a seguridade da circulación dos peóns nese entorno.
Nesta reunión o Alcalde tamén lle pediu colaboración á Conselleira para a redacción do proxecto e a execución da nova depuradora que ten previsto executar o Concello.
Fonte:Concello de Barro