Para familias con condición previa de comensal gratuíto ou semigratuíto dun euro.
Prazo: 31/03/2020 – 06/04/2020
-As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
-Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
-As familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos poderán solicitar que o equipo directivo do centro educativo en que se escolarizan as/os súas/seus fillas/os colaboren na formalización da solicitude. Para estes efectos, os centros con comedor escolar habilitarán un horario especifico que anunciarán ás familias.
-Alternativamente, para o suposto de que non sexa posible obter mecanismos de identificación (FNMT ou Chave365), arbitrarase un sistema de captura das solicitudes nos centros educativos con identificación do solicitante a través de medios electrónicos ou telefónicos. Esta posibilidade anunciarase a través do portal educativo e dos portais dos centros educativos.
-A solicitude será única por cada familia e incluirá a totalidade das fillas e dos fillos escolares de ensinanzas obrigatorias, que sexan comensais gratuítos e semigratuítos dun euro no comedor escolar xestionado pola consellería nun centro de ensino público.
Máis información e solicitude no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED601B&ano=2020&numpub=1&lang=es