Preocupación en Barro polo peche de tres unidades de infantil do CEIP Amor Ruibal

“As familias de Educación Infantil do CEIP Amor Ruibal de Barro queremos mostrar públicamente o noso descontento co peche de tres unidades de infantil. De 6 unidades que fomos durante varios cursos, este xuño se nos informou do peche de 3 unidades sin posibilidade de negociación. Consideramos unha inxustiza enorme cara os nosos fillos e fillas, posto que iniciaron o ciclo de infantil separados, e a única diferenza é un alumno menos nun curso e dous noutro. Queremos informar a todo o Concello do que ocorre no colexio, posto que case todas as aulas están quedando a 25 nenas e nenos, un número moi elevado para atender de xeito adecuado aos alumnos. En primaria levamos tempo con este número tan elevado de alumnos por aula e, en vez, de primar a calidade da educación e deixar aulas cun bo número de alumnos, a Consellería permite apiñar nenos e facer aulas de 25 xa dende infantil!!!

ceip amor ruibal

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s