O BNG rexeita abertamente o desmantelamento dos servizos no Centro de Saúde de Barro

O BNG rexeita abertamente o desmantelamento dos servizos no Centro de Saúde e apoia a recollida de sinaturas así como calquera outra medida ou mobilización que decidan os colectivos sociais de Barro.

Nas últimas semanas vén de saberse que o actual pediatra -debido á súa xubilación- deixará de exercer proximamente en Barro e a Consellería de Sanidade non confirma a substitución deste profesional por outro. A Xunta de Galiza está facendo tempo ata que pasen as eleccións muncipais e suprimir despois este servizo médico en Barro.

A posible perda deste servizo é unha verdadeira espada de Damocles sobre a saúde da veciñanza de Barro, pero ninguén sabe cal é nin a opinión nin a postura do Partido Popular de Barro. Non sabemos se están cos veciños e veciñas de Barro para non perder este importante servizo ou se están do lado da Xunta do PP.

A perda do pediatra pode ser o primeiro chanzo no desmantelamento xeral dos servizos de saúde en Barro. Despois do pediatra, senón lle poñemos freo, virá a supresión dos demais servizos, como o segundo médico que tanto traballo nos custou conseguir.

IMG-20190521-WA0000

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s