O alcalde asinou convenios de colaboración coas presidentas do Grupo de Danzas Amor Ruibal e da Coral Polifónica de Barro, co obxectivo de mellorar a promoción cultural no concello e posibilitar a formación de nenos e nenas na música e baile tradicional e no canto coral.
Estos convenios impulsados polo goberno municipal, están dotados con 3.000 € e 2.000 € respectivamente e servirán para que estas entidades sigan realizando actuacións nos distintos eventos e actividades das parroquias, ademais de seguir co seu labor formativo.