INICIATIVA XOVE
GALEUROPA
Qué é Iniciativa Xove?
É un programa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que consiste nunha liña de axudas pensada para que vós, os mozos e mozas, poidades desenvolver ideas que, transformadas en proxectos e iniciativas de interese, poidan reverter na mocidade actual e na nosa sociedade.
Poderedes participar de dous xeitos: a través de grupos informais de mozos/as ou ben dende as asociacións xuvenís e entidades legalmente constituídas.
As actividades serán planificadas e desenvolvidas por vós mesmos/as, fomentando sempre a participación, a axeitada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar, a través dos proxectos integrais e específicos de actuación que propoñades
Quen pode solicitar estas axudas?
Os grupos informais de mozos e mozas que queirades desenvolver un proxecto de iniciativa xuvenil e que reunades os requisitos indicados na orde da convocatoria. O grupo terá que estar formado por un mínimo de 5 e un máximo de 8 mozas ou mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos no momento de presentar a solicitude e ademais deberedes de estar empadroados nalgún dos municipios pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia.
As asociacións xuvenís e as entidades que lle presten servizos á mocidade que carezan de interese de lucro, e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións/entidades que as conforman. Será necesario que esteades inscritas no censo oficial da dirección xeral.
MAIS INFORMACIÓN NO DOG OU NAS CHARLAS DESTE XOVES DÍA 21: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190204/AnuncioG0425-220119-0003_gl.html