Onte presentouse en Cuntis o Programa Máis Emprego III. Esta é unha iniciativa de formación financiada pola Consellería de Economía e Emprego cuxo obxectivo é a inserción laboral dos participantes.
Este ano o Concello de Barro sumouse a este programa no que xa estaban Cuntis, Caldas e Portas, para facilitar a formación a veciños e veciñas do noso concello que se atopan en situación de desemprego.