OS VECIÑOS DE BARRO GARDAN CINCO MINUTOS DE SILENCIO POLO FALECEMENTO DA SANIDADE PÚBLICA NO MUNICIPIO

Os veciños de Barro realizaron este sábado unha concentración silenciosa ante o Centro de Saúde en protesta pola actual situación do Centro e as coberturas médicas.
A iniciativa veciñal quixo simbolizar deste xeito o “falecemento” da sanidade pública no municipio.
A convocatoria naceu a través dunha publicación nas redes sociais do Tenente de Alcalde de Barro, José Sanmartín, ao recibir numerosas chamadas de protesta.
Con esta mobilización os veciños queren amosar a súa indignación pola situación creada trala baixa dun dos médicos de atención primaria.
O facultativo leva uns quince días de baixa e os seus pacientes foron asignados a un médico que sólo atende dous días á semana, martes e mércores, provocando longas esperas nas consultas e retrasos nas citas de máis dunha semana.
O problema verase agravado a vindeira semana xa que a atención primaria quedará reducida ao mércores.
Asimesmo, reclaman que se manteña o servizo de pediatría ante a posibilidade de que o Sergas retire a actual consulta do especialista.
Os veciños non desbotan convocar novas concentracións se o Sergas non aporta solucións ás súas demandas.
A todo elo súmase a reclamación dunha mellora integral do Centro de Saude ou a construcción dun novo.
A concentración contou coa presencia do equipo de goberno bipartito.
IMG-20181222-WA0055

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s