A Asociación de Rescate Animal “Cadeliños” organiza o seu “I MAGOSTO SOLIDARIO”

A recadación destinaráse íntegramente ós fins desta asociación que se adica a rescatar animais abandonados e buscarlles un novo fogar

Asociación de Rescate Animal Cadeliños en colaboración co Concello de Barro e a Comunidade de Montes de Curro organizan o próximo sábado 17 de novembro de 2018 o primeiro Magosto Solidario que encherá a zona de diversión para toda a familia.

Terá lugar no exterior das instalacións da Comunidade de Montes de Curro.

As actividades comezarán ás 4 da tarde cunha ruta de sendeirismo duns 5 kilómetros aproximadamente, na que quen así o desexe poderá ir acompañado dos seus cans.

Ó finalizar a ruta haberá degustación de castañas asadas así como de diferentes sobremesas que farán as delicias de tódolos participantes, por tan só un importe de 5 euros.

Ademais realizaránse sorteos entre tódolos asistentes para agradecer ós mesmos a súa participación e implicación coa causa.

Asimesmo, instalarase un posto informativo e de venda de artigos da asociación e tamén se poderán coñecer algúns dos cans que están en adopción, como poden ser os cinco cachorros que foron rescatados no monte fai tan só uns días.

A Asociación de Rescate Animal “Cadeliños” quere agradecer a tódalas persoas, institucións e empresas colaboradoras que se implicaron de forma altruísta nesta actividade, xa que todo o recaudado destinarase íntegramente ós fins da asociación, que se adica ó rescate, curación de animais abandonados e búsqueda dun novo fogar para eles.

Asociación de Rescate Animal CADELIÑOS
 
Te agradecemos tu ayuda:
 
TEAMING (1 € al mes):
 
INGRESO DONATIVO EN LA CAIXA: ES84 2100 5304 4702 0001 2506

PHOTO-2018-11-09-09-36-54

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s