A recadación destinaráse íntegramente ós fins desta asociación que se adica a rescatar animais abandonados e buscarlles un novo fogar
A Asociación de Rescate Animal Cadeliños en colaboración co Concello de Barro e a Comunidade de Montes de Curro organizan o próximo sábado 17 de novembro de 2018 o primeiro Magosto Solidario que encherá a zona de diversión para toda a familia.
Terá lugar no exterior das instalacións da Comunidade de Montes de Curro.
As actividades comezarán ás 4 da tarde cunha ruta de sendeirismo duns 5 kilómetros aproximadamente, na que quen así o desexe poderá ir acompañado dos seus cans.
Ó finalizar a ruta haberá degustación de castañas asadas así como de diferentes sobremesas que farán as delicias de tódolos participantes, por tan só un importe de 5 euros.
Ademais realizaránse sorteos entre tódolos asistentes para agradecer ós mesmos a súa participación e implicación coa causa.
Asimesmo, instalarase un posto informativo e de venda de artigos da asociación e tamén se poderán coñecer algúns dos cans que están en adopción, como poden ser os cinco cachorros que foron rescatados no monte fai tan só uns días.
A Asociación de Rescate Animal “Cadeliños” quere agradecer a tódalas persoas, institucións e empresas colaboradoras que se implicaron de forma altruísta nesta actividade, xa que todo o recaudado destinarase íntegramente ós fins da asociación, que se adica ó rescate, curación de animais abandonados e búsqueda dun novo fogar para eles.
