Esta é a solución que atopou o Concello de Barro para ocultar os vertidos de Conjusa, en vez de obrigar a fábrica a cumplir coa súa obriga de despurar as augas, optaron por “REVENTAR” o Camiño Real (camiño portugués) o cal estaba totalmente empedrado, metendo esta enorme tubaxe que fai de “water” da fábrica, directo o río Areal, para que Conjusa poida verter alegremente e sin que se vexa moito, e así os veciños seguimos aguantando o cheiro.
Así non é, Señores Gobernantes, logo falabamos dos tapadillos e das cacicadas, e esto que é? un tapón en toda regla. Cincuenta anos falando e queixándose das cacicadas e levamos tres anos de goberno, e que estamos a facer? ¿Qué nome lle damos a esto?
A súa obriga cando os eleximos para estar no posto que desempeñan era supostamente para velar polos intereses e benestar dos veciños, e sobre todo coidar o pouco patrimonio que nos queda, e non antepoñer os intereses dunha sóa persoa.
Desta aberración faise eco hoxe na Voz de Galicia, Pontevedra Viva, e xa onte saíu no Faro de Vigo.
¿Dónde está Patrimonio? ¿Dónde está Augas de Galiza? ¿Dónde están os Amigos do Camiño?