QUEIXAS VECIÑAIS.
A “Merda” de Conjusa no Camiño de Santiago.Este é un video-denuncia dos vertidos da fábrica de conxelados Conjusa que están a acontecer día sí, día tamén, no lugar da Cancela (Parroquía da Portela), ante a impasibilidade das distintas administracións. En primeiro lugar do Concello, no que os veciños estamos cansos de denunciar o que está a suceder, este cheiro horrible e a infestación de moscas que sufrimos, sin mencionar a contaminación do río, e que nos fai a vida imposible os que vivimos ó seu carón.
Pero o máis sangrante e que este vertido estase a producir no mesmo “Camiño Real” o seu paso polo concello de Barro. Esta é a imaxe que estamos a dar os peregrinos.