Barro viviu esta fin de semana “A Emoción dos Viños”. O evento cumpriu a súa oitava edición estreándose no Pazo da Crega, e congregando preto de 70 adegas de toda España e de Portugal. Unha cita na que os amantes dos viños puideron coñecer elaboracións moi diferentes, ás que é case imposible de acceder noutros circuítos.
Barro deixouse emocionar esta fin de semana. Barro e os centenares de asistentes que pasaron polo Pazo da Crega, atraídos por unha proposta difícil de rexeitar: poder catar as elaboracións de 70 adegas diferentes chegadas de toda España e Portugal.
https://www.canalriasbaixas.com/2018/10/30/mais-de-70-adegas-emocionan-cos-seus-vinos-en-barro/