Messi acometerá a mellora do depósito municipal de auga

O Concello de Barro vai executar un proxecto para reparar o depósito de distribución de auga municipal. Este proxecto, que conta cun orzamento de 22.908,06 euros, está financiado con cargo ao Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra e será executado pola empresa Construtora e Ingeniería Messi S.L.

As obras a realizar consisten na reparación integral do interior do depósito coa proxección dun formigón especial en todo o vaso que mellore a estrutura, tanto dos muros como do piso actual, e a posterior aplicación dunha resina que mellorará a estanquidade e a protección dos muros.

Esta actuación ten como obxectivo seguir mellorando este servizo público, evitando perdas de auga polo deterioro dunhas instalacións que xa teñen moitos anos e que facilitará as tarefas periódicas de limpeza.

Este goberno municipal leva realizando unha serie de actuacións todos estes anos co obxectivo de normalizar o servizo de auga municipal. Investiuse no control sanitario para estar ao día cos protocolos da Consellería de Sanidade; buscáronse novas captacións para paliar a seca do verán do ano 2017 e seguirase traballando para garantir que este servizo público se siga prestando con garantías no futuro.

https://pontevedraviva.com/xeral/46985/messi-acometera-mejora-deposito-municipal-agua-barro/

_20180628_163301

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s