Barro recibe da Deputación fondos para a reparación do depósito de augas municipal

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante resolución presidencial, un novo investimento no concello de Barro ao abeiro da liña 1 do Plan de Concellos 2018. Trátase esta vez dunha axuda de 22.908,06 euros para a reparación do depósito de augas municipal.

Ademais destas cantidades, o Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para este concello da comarca de Pontevedra. En concreto, 169.967,36 euros para o financiamento da piscina pública municipal en Outeiro e a pavimentación e dotación de servizos na EP 0505 N-550 Igrexa-Perdecanai (Barro).

A Deputación de Pontevedra tamen adxudicou 38.930,61 euros para a limpeza de cunetas e vías municipais no concello, o reforzo e reparación de viais municipais, a Festa do Viño e a limpeza de pistas no ámbito de Barro. Outros 96.713,18 euros foron destinados á contratación de 13 traballadores que están a desempeñar funcións no concello.

Ata este momento, o Plan Concellos 2018 xa entregou 328.519,75 euros do total destinado a Barro, isto é, o 44.82 %.

5ac66c0a3f-lrm_export_20180405_132034

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s