O Grupo Socialista de Barro fixo hoxe entrega á Asociación Stop Velutina dun cheque de 200 € correspondentes ao donativo da venda da Lotería.
O acto de entrega tivo lugar no Centro Cívico Castor Castro, coa presencia da comisión executiva local, encabezada polo seu secretario xeral do PSOE de Barro, José Sanmartín
Por parte de Stop Velutina Umia estiveron presentes a secretaria e o tesoreiro da Asociación, Bea Abal e Manuel Outón, respectivamente.
Dende o grupo Socialista de Barro entendemos que este colectivo desenvolve un labor imprescindible para a eliminación da praga da vespa asiática.
O Secretario Xeral da Agrupación Socialista, quixo agradecer tamén a implicación personal de todo o colectivo na campaña de trampeo.
Un trampeo que evitará a proliferación desta praga
A agrupación seguirá colaborando con outros colectivos no futuro.
