A Garda Civil instrúe escolares de Barro sobre como actuar en casos de violencia de xénero

Así de claro o ten esta nena de once anos despois de asistir esta mañá a unha charla da Garda Civil sobre a violencia de xénero. Foi no seu propio colexio, en Barro.

Así de atentos escoitaban as explicacións da Garda Civil sobre a violencia de xénero os alumnos de quinto e sexto de primaria do Colexio Amor Ruibal, en Barro. Durante a charla, que durou algo máis dunha hora, tratáronse temas como os factores que podían conducir a unha agresión física ou psicolóxica cara á muller, os procedementos a seguir dende que se denuncia dita situación e os servizos que existen para as vítimas.

Estas charlas coinciden coa publicación por parte do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial dos datos de 2017, ano no que a pesar de que Galicia presentou unha das taxas máis baixas de mulleres victimas de violencia de xénero, cunha media de 42 denuncias presentadas por cada 10.000 mulleres, aumentou de maneira destacable o número de denuncias interpostas a menores de idade por violencia contra a muller.

Os alumnos resaltan a importancia de actos coma este e parece que lles quedou a lección aprendida.

Durante a xornada tamén puideron aprender dunha charla sobre acoso escolar, outro dos temas tratados dentro do Plan Director implementado pola Garda Civil para a mellora da comunicación e a seguridade nos centros educativos e os seus entornos, mediante o que ademais deste colexio, xa visitaron outros moitos da zona de Pontevedra e Vilagarcía.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s