Un ano e nove meses de prisión por construír unha rampa sen licenza e invadindo un vial

A Audiencia Provincial de Pontevedra acaba de confirmar unha sentenza dictada polo xulgado do Penal 1 da capital na que impón a un veciño de Barro unha pena dun ano e nove meses de prisión, así como unha multa de 4.500 euros, como autor dun delito contra a ordenación do territorio, pola construción dunha rampa de cemento que invadía parte dun vial público e que ademais executou sen licenza.
Ademais, o acusado tamén é condenado a unha multa de 2.700 euros como autor dun delito de desobediencia. E é que segundo o fallo, este veciño fixo caso omiso aos reiterados requerimientos que lle realizou o concello de Barro para que abandonase as obras e devolvese a zona ao seu estado orixinal, continuando igualmente coas obras desde o 14 de abril de 2015 ata o mes de setembro dese mesmo ano. O procesado non só realizou as obras sen licenza urbanística, senón que era imposible a súa legalización “ao estar situada a rampa nunha parcela de titularidad municipal e chegar a invadir parte dunha vía pública e estar construído un muro de pedra e reencho de terra no camiño de acceso a outra parcela, incumpliendo as normas municipais sobre retranqueo”.
O fallo foi recorrido ante a Audiencia Provincial, pero o tribunal de apelación confirmou a sentenza que ademais obriga ao acusado, en materia de responsabilidade civil, a restituír os terreos ao seu estado orixinal coa demolición da rampa e o muro de terra, así como o reencho executados.

audiencia-provincial-seccion-2ª-segunda_img185085t0

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s