O Psoe de Barro elixe a sua nova executiva o próximo día 22 de xaneiro

NOTA DE PRENSA.

Seguindo cos procesos orgánicos do PSOE , unha vez realizados os Congresos Federal, Galego e Provincial, chegan os Congresos locais que teñen como misión designar a dirección política das agrupacións municipais.

No caso da agrupación de Barro, dos 25 militantes que a integran son 15 os que teñen dereito a voto, xa que os outros 10 todavía non figuaran no censo oficial que se pechou no mes de abril.

A xornada de votación será o día 22 de xaneiro ás 21h no centro cívico e contará coa presencia de militantes e simpatizantes.

A orde do día incluirá o debate de xestión da dirección sainte e elixirá á nova executiva e aos membros do Comité provincial.

Polo que trascende, haberá unha única Candidatura que, nos vindeiros meses, incorporará aos novos compañeiros que xa contarán coa militancia consolidada na agrupación, pasando de 15 a 25 militantes.

O actual Secretario Xeral José Sanmartín e a Secretaria de Organización, Rocío Touriño, volven a optar aos mesmos postos.

Dende a Secretaría Xeral faise unha valoración positiva da xestión da executiva saínte, destacando a consecución do goberno municipal, en coalición, dobrando o número de Concelleiros, e o crecemento da militancia.
O noso Secretario Xeral obstenta a Primeira Tenencia de Alcaldía.

O grupo de mulleres e homes que conforma o Psoe de Barro ten ganas , ilusión e intención de aumentar o número de votos nas vindeiras elección municipais, rentabilizando o gran traballo das duas concellerías que xestionamos os Socialistas no goberno de Barro.

IMG_20170807_005150_827

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s