“DepoEmprende II” e “DepoEmprende 2017” chegan esta próxima semana a Barro

 

Os programas de fomento do emprendemento da Deputación de Pontevedra “DepoEmprende II” e “DepoEmprende 2017” chegan entre o mércores 17 e o venres 19 de xaneiro a un total de seis concellos da provincia de Pontevedra (Cangas, Ponteareas, O Porriño, Barro, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa) con xornadas de presentación destes proxectos. As persoas interesadas deberán inscribirse a través dos formularios dispoñibles na páxina web da institución provincial.

De cada unha destas xornadas sairán 15 das persoas que participarán en cada un destes programas ata chegar ao total de 120 prazas para “DepoEmprende 2017” (todas as persoas desempregadas, con prioridade a distintos colectivos) e 135 para “DepoEmprende II” (menores de 30 anos).

Deste xeito, as primeiras quendas serán as seguintes: o mércores 17 no Concello de Cangas (no Salón de Plenos da Casa consistorial) e en Ponteareas (no Centro de Desenvolvemento Local), en ambos os dous casos sobre “DepoEmprende II”. O día seguinte, o xoves 18, as presentacións terán lugar no Porriño (no Multicentro de Torneiros), sobre “DepoEmprende II”, e no viveiro de empresas do Polígono de Barro (sobre “DepoEmprende 2017”). Por último, o venres 19 acollerán dúas presentacións o Concello de Pontevedra (no Edificio administrativo da institución provincial) e outras dúas en Vilagarcía de Arousa (na Cámara de Comercio), con formación sobre os dous proxectos. As quendas de “DepoEmprende II” serán entre as 12:30 e as 14:00 horas e, as de “DepoEmprende 2017”, entre as 10:00 e as 11:30 horas.

“DepoEmprende 2017” (cun orzamento de 393.129 euros) oferta 120 prazas para todas as persoas desempregadas da provincia, dando prioridade ás menores de 30 anos, ás mulleres, aos maiores de 45 anos, persoas con algunha diversidade funcional ou persoas pertencentes a colectivos en risco de exclusión social. A través deste proxecto impartiranse un total de oito accións formativas en seis localizacións da provincia: dúas en Pontevedra e Vigo e unha en Tui, Vilagarcía de Arousa e Barro. Estes obradoiros formativos teñen por obxectivo mellorar as capacidades das mozas e mozos que queiran ser emprendedoras e emprendedores, achegándolles formación e asesoramento e, por outro lado, loitando contra o despoboamento do medio rural da provincia fomentando a igualdade de oportunidades no acceso á formación.

Pola súa banda, “DepoEmprende II” (cun orzamento de 552.235,93 euros) oferta 135 prazas e está destinado a persoas desempregadas menores de 30 anos. A través deste proxecto impartiranse nove accións formativas: dúas en Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa e unha en Cangas, O Porriño e Ponteareas. Xunto a estas accións tamén se levará a cabo un obradoiro de motivación e promoción do emprendemento en cada unha das localizacións, nos que poderán participar ata un máximo de 150 persoas.

Ademais as persoas participantes, tanto nos cursos do programa “DepoEmprende 2017” como “DepoEmprende II”, recibirán formación apta para a consecución do certificado oficial de profesionalidade ADGD0210 “Creación e xestión de microempresas”, do módulo MF1788-3 de “Planificación e iniciativa emprendedora en pequenos negocios e microempresas”. As accións terán unha duración de 144 horas durante as cales se impartirán contidos transversais en técnicas, ferramentas e metodoloxías áxiles e innovadoras para o emprendemento como Desgin Thinking e Lean Startup (20 horas), detección de oportunidades vencelladas ao perfil profesional (4 horas), actitude emprendedora e oportunidades de negocio (40 horas), proxecto e viabilidade do negocio ou microempresa (40 horas) e marketing e plan de negocio da microempresa (40 horas).

https://www.depo.gal/web/edepo/-/noticia-%E2%80%9Cdepoemprende-ii%E2%80%9D-e-%E2%80%9Cdepoemprende-2017%E2%80%9D-chegan-esta-proxima-semana-a-seis-concellos-da-provincia

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s