A chegada das Súas Maxestades ao Pazo da Crega no Concello de Barro está prevista para as 17:30 horas, onde haberá unha actuación do Grupo de Danzas Amor Ruibal. Ás 18:30 horas, sairá a cabalgata dende o pazo, se o tempo o permite, ata a Nave da Música, onde Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán aos nenos e lles farán entrega dun agasallo.
Ademais, haberá animación musical e farase entrega de premios dos concurso de postais e o sorteo da campaña Merca en Barro. Ao remate, repartirase chocolate con rosca a todas as persoas que asistan a esta festa.
