Última xornada do V Torneo Interparroquial

O Barro C.F celebra este domingo pola mañá a última xornada do V Torneo Interparroquial que quedou aplazada debido ao temporal do pasado día 10.

O campo de futbol de Outeiro acollerá a partir das 10 da mañá as dúas semifinais entre os equipos de Portela-Agudelo e Curro-Perdecanai, e as 13.40 horas terá lugar a gran final.

Ademáis, ás 12 horas terá lugar o encontro de fútbol feminino solteiras-casadas e tamén se xogará a final do I Torneo Menudo, ás 12.30 horas, entre Agudelo e Curro.

O Torneo Interparroquial é unha actividade promovida polo Barro C.F como forma de incentivar a relación entre os veciños do municipio a través do deporte.

Este ano, como novidade, púsose tamén en marcha, con gran acollida, o Torneo Menudo dirixido aos nenos de entre 6 e 14 anos, coa intención de que prosiga en vindeiras edicións.

Xunto co Torneo Interparroquial, o Barro C.F pensa xa na organización da III RaxoFesta, unha actividade gastronómica que se está consolidando no calendario do clube.
A edición deste ano, pese a quedar nun só día debido ás inclemencias meteorolóxicas, tivo un gran éxito xa que se consumiron os máis de 200 kilos de raxo previstos para as dúas xornadas de degustacións.
Numerosas persoas acudiron a II RaxoFesta, que, ademáis, este ano tivo canción propia: “Felices en Barro”, unha versión dos Páramo Pictures, pregoeiros da celebración.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s