Identificado un mozo de Barro como autor de danos ao Convento de Poio

PORTADA faro-de-vigo

A Policía Local de Poio identificou a un mozo que fixo trompos e derrapes nas proximidades do Convento da localidade. Nunha manobra temeraria golpeou unha zona protexida do conxunto histórico do Convento, e produciu danos considerables, ata o punto de romper un dos adornos de pedra como consecuencia do impacto co vehículo.

Este sinistro tivo lugar na noite do xoves 1 de decembro. Tras golpear a pedra, o condutor deuse á fuga sen poñer en coñecemento das autoridades os danos provocados. Unha vez a Policía Local de Poio tivo constancia dos danos, iniciou unha investigación para localizar o presunto responsable.

Logo da inspección ocular da zona, analizáronse os restos de pintura que se atopaban no lugar e calculouse o punto do impacto. Estes datos foron claves para determinar que se trataba dun modelo Seat León de cor vermella. Na mañá de onte, os axentes atoparon na zona da Barca un vehículo que coincidía coas características e presentaba un golpe no lado esquerdo que coincide coa pintura e altura do golpe do Convento.

Unha vez identificado, o condutor do vehículo admitiu que era o piloto o día do sinistro polo que se procedeu a denuncialo por unha condución temeraria e por non facilitar os datos do accidente a Policía Local. Estas infracciones son moi graves e supoñen unha multa de 700 euros e a retirada de 6 puntos. Así mesmo, o mozo terá que pagar o arranxo do conxunto histórico, e así poder devolvelo ao seu estado orixinal. O responsable é veciño de Curro, na localidade de Barro. É un condutor novel.

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2017/12/06/identificado-joven-barro-autor-danos/1799185.html

thumb

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s