Éxito no número de establecemento adheridos á campaña “Eu quero mercar en Barro” con preto de 50 participantes.

O Concello de Barro pon en marcha ata o 4 de xaneiro unha nova edición
da Campaña de Comercio no Nadal “Eu quero mercar en Barro”, cun gran
éxito no número de establecementos adheridos este ano. Preto de 50 negocios sumáronse desta volta á iniciativa de promoción do comercio e a hostelería local, conseguindo así o record de participación desta actividade que o goberno municipal leva desenvolvendo dende hai tres anos. A campaña consiste, como en anos anteriores, en agasallar a fidelidade dos consumidores con premios económicos polas súas compras, que despois se reinvestiran nos propios establecementos do concello. Nesta ocasión, increméntase en 100 euros o importe do premio, que chega aos 300 euros repartidos en vales de 50 euros. O sorteo celebrarase o 5 de
xaneiro durante a Festa de Benvida aos Reis Magos. A Concellería de Promoción Económica non desbota aumentar para o vindeiro ano a cantidade monetaria desta campaña, unha vez comprobada a
boa disposición dos/as empresarios/as locais. Por outra banda, a Concellería de Promoción Económica tamén destaca a
boa acollida do stand no que participou o Concello de Barro no recente Forum sobre o Camiño de Santiago, Fairway. A raiz del acadáronse contactos con tour-operadores que mostraron o seu interese por visitar o noso concello. Asimesmo, desta iniciativa, xurdiu unha mesa de traballo formada xa por cinco Concellos da comarca (Portas, Caldas de Reis, Cuntis, Campo Lameiro e Barro), e preténdense sumar algúns máis, para crear unha fronte conxunta co fin de promover paquetes turísticos comarcais.

Por último, estase a animar aos empresarios/as locais para que se retome a Asociación de Comerciantes de Barro.

IMG-20171201-WA0022

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s